Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Arranca o Proxecto Medioambiental de Guitiriz

sábado, 02 de enero de 2016
Constituiuse esta semana o grupo emprendedor de expertos para a redacción de proxectos do que será a planta de biomasa de Guitiriz e que terá de sede e domicilio social a localidade Arranca o Proxecto Medioambiental de Guitirizchairega. Deuse a saída a esta iniciativa con unha xornada de traballo no balneario de Guitiriz con visita aos locais do novo proxecto e a terreos para posible asentamento das futuras instalacións.

Este grupo, constituido por 10 expertos en inxeñería industrial, de montes, agrícola, arquitecto, economista, saúde laboral, medio ambiente e relacións públicas co apoio de importantes empresas tecnolózicas, será o encargado de realizar os estudios previos e proxectos para este grande programa ecolóxico que prevé a fabricación de enerxía a través de residuos forestais, agrícolas e urbanos e promover a creación de emprego directo e indirecto, o I+D do monte, a formación e mudanza de hábiyos da sociedade, o aforro e a xeneración de enerxía limpa e eficiente.

Un grande proxecto ecolóxico, ambiental e social que terá o seu epicentro en Guitiriz e que contribuirá a reducir a emisión de CO2 á atmosfera, evitar incendios e xerar enerxía máis barata e eficiente creando economía desde os recursos locais e comarcais.

Guitiriz ponse así á fronte das directrices do horizonte enerxético de 2020 emanadas do cumio de París non só con este proxecto sinón tamén con outro ambicioso plan de aforro e eficiencia lumínico e de locais municipais con tele control nesa proposta que o hoberno local chama Guitiriz intEliXENTE enpara o que se leva meses realizando diversas xestións.
Arranca o Proxecto Medioambiental de Guitiriz
Desde comenzos de 2016 este grupo de expertos comenzará a traballar sobre o terreo para no prazo dun ano ter finalizados "chave en man" toda as necesidades previas para s execución do proxecto que implicará a comunidades de montes, empresas e institucións e que irá acompañado neste proceso de formación especializada enfocada á mentalización e educación para aimplicación sicial neste importante proxecto de futuro non só para o concello, sinón tamén para a comarca chairega e a provincia.

Sen dúbida unha grande nova que situará á Chiara como referente nun sector de vital importancia para o futuro e do que debemos felicitarnos e desexar que se consolide, pois os beneficios económicos, sociais e medioambientais son innegables. Así sexa.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES