Encontro de vilas termais
Editorial - jueves, 14 de septiembre de 2006
Estase a celebrar en Guitiriz o VI Encontro de Vilas Termais para divulgar o termalismo entre a poboación galega.
É a segunda vez que esta xuntanza se celebra en Galicia, por ser o noso país onde se concentra o vinte por cento da oferta termal do estado español.
Poucas veces nos paramos a pensar no fenómeno termal, que ven ser a surxencia ó exterior das correntes de auga que proceden das profundidades da terra, e ó pasar por certos lugares adquiren elevadas temperaturas ou determinadas sustancias.
Os manantiais que así nacen poden orixinar a formación de cidades como pasou con Ourense hai case vinte séculos, facer do Balneario de Lugo a empresa máis antiga de Galicia funcionando desde o tempo dos romanos, ou convertir a Guitiriz nun pobo balneario que ten sido chamado o Carlsbald hispano.
Indudablemente a ciencia pode e debe estudiar con profundidade as posibilidades económicas e sociais da calor que procede das profundidades, pero o que sí xa ten feito a Administración e as empresas privadas é a explotación do termalismo desde os puntos de vista turístico e sanitario.
Que un Encontro de Vilas Termais de ámbito estatal se celebre en Guitiriz denota a importancia deste pobo na xeografía turística de Galicia, e o papel de Galicia no termalismo español.
Guitiriz, con tres manantiais salutíferos no seu territorio, é desde alomenos as primeiras décadas do século pasado un lugar turístico onde “toma-las augas” no máis amplo sentido, e a economía da vila dependeu en gran medida desta actividade.
Este Encontro é moito máis ca unha posta ó día para Guitiriz. É a constatación da maioría de idade de Galicia no turismo balneario.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora