Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vísteme amodiño que teño présa

jueves, 31 de diciembre de 2015
A min paréceme que vivimos nun mundo un pouco estresante.

Andamos sempre con présa:

-Á hora de erguérmonos porque nos espera moito labor.

-Á hora de colle-lo coche, o tren, o avión… porque o tempo vai xusto.
Non podemos permitirnos o luxo de perdelo.

-Á hora de ir buscar os nenos ó colexio porque, se non, pode pasar calquera cousa. Nos tempos que corremos… E os profesores tamén teñen que respeta-lo seu horario.

-Á hora de facer un trámite porque caduca o prazo. Se caduca o prazo, pode traer consecuencias pouco ou nada gratas.

-Á hora de ir ó súper porque é hora de face-lo xantar. Está a familia esperándonos. Chegan os comensais e hai que te-lo xantar na mesa.

-Á hora de xantar, porque hai que saír enseguida para a sesión da tarde. Aínda queda media xornada sen cumprir.
¡Co pracenteiro que é comer relaxadamente en boa compañía; pero nin eso!

-Á hora de deitarse porque ó día segunte hai que madrugar.
Se o corpo non descansa, non rende ó día seguinte. Xa din alí: “Quen perde a noite, perde o día”

-Á hora de ir á misa porque o cura é moi puntual. Leva moitas parroquias. E se te discuidas un pouco, chegas á saída.

-Á hora de ir ó médico porque se non perdes o turno e tes que esperar para o final.
Xa non sería a primeira vez. ¡Que rabia dá!

-Á hora de arrancar no semáforo porque se non xa te-la bronca asegurada do coche que vai detrás. Hai persoas comprensivas, pero algunhas xa traen a bocina a punto de sonar.
E descargan que dá gusto… Deben levar sobrecarga de adrenalina e aproveitan a ocasión.

-Á hora de paga-la hipoteca porque se non póñente na rúa en menos de nada.
Vaia apuro se te quedas na rúa.
¿Qué vai ser de ti e dos teus?
¿Teredes que ir a vivir debaixo dunha ponte?

-O teléfono reclama a nosa atención en calquera momento. Que se chamadas, que se mensaxes, que se correos, que se felicitacións, que se o grupo “H”, que se o grupo “B”…

-Eu que sei …

Realmente hai que facer todo o anterior e moitas cousas máis.
A vida así o esixe; pero…

¿Cómo podemos facer para dar feitp todo e ó mesmo tempo disfrutar da vida?

¿Quédanos realmente tempo para disfrutar da vida?

¿Quédanos tempo para compartir coas persoas que máis queremos?

¿É saudable un ritmo de vida tan acelerado?

Fai moitos anos escóitaba frases como estas:

-“O tempo dáo Deus de balde”
(Cando dúas ou máis persoas amigas compartían novidades e compañía)
¿A vostede non lle cadrou de escoitalo moitas veces?

-“O traballo espera, porque o traballo ninguén o leva”
(Non había que andar contra reloxio e dedicábase un pouco a relaxarse)
Hoxe o reloxio non para…

Hoxe en día non se pode dicir outro tanto.
Frases como estas xa pertencen ó pasado.

Vivimos un ritmo de vida moi acelerado.
Os horarios contrólannos.
Os xefes contrólannos.
As obrigas, obrigannos.
Os satélites contrólannos

En moitos traballos hai que “fichar” cando chegas e máis cando saes.
Non deixa de ser un tanto inhumano, pero…
O certo é que:
O ritmo de vida que levamos, esíxenos andar a toda pastilla.
Non queda outra.

Pero…
¿Qué pasa coa nosa saúde?
A veces reséntese e ten razón.
De vez en cando o noso organismo dános sinais de alerta.
Algo vai contra natura.
Moitas persoas viven estresadas.
Algunhas deprimidas.
As nosas forzas teñen un límite.

¿Qué podemos facer?
¿Facer? ¿Facer?
Algo haberá que facer:

-Planificar moi ben o traballo, é unha necesidade.
-Vestirnos despacio cando temos présa ou cando nos encontrams nun momento de apuro, tamén é necesario.

Pode parecer contraindicado, pero é ben certo.
Cando verdadeiramente nos atopamos en momentos de excepcional importancia, decatámonos de que se nos aceleramos, complicamos máis a situación.

Mante-la calma, pode ser un bo remedio.
Lembrar que cando hai présa convén vestirse amodo, tamén convén.
Non é nada doado, pero moi necesario.

Rematamos un ano cos apuros propios destas datas, pero mañá xa empezaremos un ano novo e temos que reservar forzas para emprendelo con ganas, porque 366 intensos días nos esperan para depararnos moitas sorpesas:
-Novos retos.
-Novas promesas.
-Un futuro prometedor que haberá que labrar día a día…

“EMPRENDELO CON GANAS”

Este será o título do próximo artigo. O ano que imos empezar, meréceo.

Moitas grazas polas doses de calma que ten empregado ó longo de toda a súa vida.
As cousas importantes da vida hai que tomalas con moita paciencia e moita calma.
¡Feliz Aninovo!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES