Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Incendios nas estructuras políticas

miércoles, 13 de septiembre de 2006
O tema dos incendios forestais en Galicia debía ser xa pasado agora que parece van chegar as choivas. E de ser presente, debería selo polo estudio de causas, funcionamento de servicios, satisfacción de danos e prevención para o futuro.

E, sen embargo, deso fálase pouco. Porque hai outros temas que ocupan a atención dos nosos políticos, entreténdoos, desviando atencións que deberan estar mellor orientadas.

E nesto, que aparece un documento do Partido Popular coruñés que, polas interpretacións que se lle dan, nunca debeu ser escrito.

Para o Partido Popular trátase só dunhas instruccións para que a Xunta non impuxera ós Alcaldes unhas condicións leoninas. Para o Psoe -Blanco dixit- trátase dunha trama, a trama que se denunciou que existía, alomenos indirecta, para dañar ó goberno galego a través dos incendios forestais.

Agora xa non lle disgusta tanto a Comisión de investigación ós membros do Bipartito, se se trata de investigar temas colaterais como se pode considerar este informe, e alguén debería explicarlle ó seu redactor que estas cousas se tratan mellor de palabra para que ninguén se chame logo a engano.

E nós, sexamos galegos informados a través dos medios de comunicación, sexamos informadores deses medios, observamos eses incendios nas estructuras políticas coa sensación de futilidade propia do caso, coa sensación de inseguridade que os protagonistas nos proporcionan, con impotencia porque os actores desta teatralización improvisada non van colaborar connosco en que a situación se normalice.

Nesta nova etapa que vivimos, o PP aínda non aprendeu a ser oposición, e os gobernantes -especialmente o Psoe- están máis empeñados en culpar ó PP de tódolos seus males que en gobernar con tranquilidade.

Arden as estructuras políticas. E nós non temos mangueiras, nin auga, nin gañas de apagar un lume que nin encendemos nin nos afecta.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES