Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Anticorrupción en 18 meses

lunes, 28 de diciembre de 2015
Hai xente que nace para roubar e hai xente que rouba para vivir. O “ furor aliquid alicui”, o “roubar algo a alguén” está penado polas leis , mais roubar algo á Facenda, – como a facenda non é ninguén -, non está penado ou estao daquela maneira.

Bendita doutrina a dos lexisladores que pretenden rematar coa corrupción en 18 meses; fíxense ben, 18, son os meses nos que o xuíz ten que ditar sentenza a un corrupto, pero ao xuíz non lle imos axudar, ímoslle poñer trabas en todo canto faga e así quedamos libres ¡Viva a corrupción! e ¡Viva a corrupción do lexislador!. Mente preclara, divina, ínclita, insigne. Max Estrella quedaría abraiado e botaríalle a culpa aos modernistas, mais a culpa é nosa, neglixentes amigos do pecado, cando a responsabilidade vai de vacacións en papeletas de voto rogado, subrogado, carretado, apático, desinteresado . . . Cambiemos os reloxos, fóra os rubís, as engrenaxes suízas, o cuarzo, e veña a nós o reloxo de area, para que antes de que lle demos a volta, o delincuente-corrupto-político xa esté fóra.

Esta si que é porta xiratoria, aínda non entras, fas a roda e se polo camiño atopaches os billetes do persoal, que está representado polo pobo-facenda, e xa estás fóra (18 meses) e a calar, sen rechistar, nin rosmar; baixou a area polo necrónomon e todo arreglado. !Veña, imos para Suiza! “ de rositas”.

A inspiración dos lexisladores foi rápida, necesitan celeridade para que o roubo sexa alíxero e non dea tempo á policía nin aos xuíces. Se é instantánea, mellor, así os votantes non nos damos conta. Vendedores de fume, cando a néboa está a chou e emerxe da terra, e os pobres non temos luz de cruce para salvar as curvas dos novos creadores deste código de 18 meses, porque cando o xuíz empeza a tirar da manta, bótaos fóra da cama. !Ala, a roubar a mansalva! !Menuda medida que se lle aplicará aos corruptos!. Estes son raposos cuidando as galiñas da nosa facenda avícola. Señores lexisladores deste improperio, Sancho Panza gobernando a ínsula Barataria era un Sr. Catedrático comparado con estes ineptos, amigos do axeno, da porcentaxe, dos sobresoldos, dos sobres, dos regalos e da dobre economía do roubo.

Sres. lexisladores dos 18 meses, din que un de vostedes é embaixador e por máis, tamén corrupto.

O seu sempre afectísimo, Xosé Otero Canto.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES