Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Moita tela que cortar

lunes, 28 de diciembre de 2015
Xa pasaron. As primeiras festas xa pasaron. Quedan as segundas e as terceiras. As segundas, Noitevella e Ano Novo. As terceiras, os Reis. Aínda que estas xa non son como as outras. As primeiras xa pasaron e quen sexa que vaia con elas. Moito sentimentalismo e creo que pouca alegría. O que máis, o que máis: moito bandullo. Un come e come ata que acaba farto de todo. Sinceramente, son festas para escarallar o corpo. Para algúns son festas, convértense en festas demasiado tristes. Hai que recoñecer que as desgrazas, nestas datas, impresionan máis e, por suposto, lembraranse moito máis. Oxalá, xa todos, poidamos pasar moito mellor as segundas festas.

Fóra das festas, queda o discurso do Rei… que nin vin nin oín. Para que? Queda, agora si, a guerra aberta entre uns cantos partidos para intentar formar Goberno. Si, creo que o de guerra aberta está ben escrito. O de negociacións paréceme moi simple e moi mentirán.

Aquí os trastes, as couces farán máis que voar. Hai couces nos propios partidos, imaxinade a película entre eles. Os tirapuxas axiña se converterán en dardos que se cravarán en máis dunha cabeza e en máis dalgunha idea. Os ruxerruxes de antano serán auga de bacallau: se che dixen aquilo, agora dígoche isto; se che digo isto é porque aquilo era un dicir. E o que é peor; que aínda queda moita tela que cortar. Imos ver quen a corta.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES