Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A vida segue igual

viernes, 25 de diciembre de 2015
Xa está. Xa rematou. A campaña electoral. E as votacións. E houbo cambios, moitos cambios. Tantos que, ó mellor, non cambia nada. É dicir, que haberá que votar de novo. Esperemos que non. Calquera aguanta xa tanta campaña: municipais, autonómicas, estatais, europeas, extraterrestres. Para a maioría o cambio queda como auga de bacallau: un servidor ten que seguir co día a día, un rapaz ten que seguir estudando, un banqueiro seguirá entrando a oficina todo traxado e… (metede nos puntos suspensivos o que se vos antolle), un futbolista seguira adestrando, un actor actuando. Onde cambiará o asunto? Que cambie onde queira e como queira. Dentro duns días a desolación volverá a instalarse en nós, porque dentro duns días… as palabras lévaas o vento, as promesas romperanse e os ruxerruxes quedarán para a galería, paran os mitins. Julio Iglesias será o que se queira, pero xa dicía (naqueles tempos) que a vida segue igual. E seguirá. Volveremos aplaudir e aclamar a todos eses políticos que falan de cambio, que prometen cambios e que deixan que o pombo siga traballando a viña só. Non son capaces de botar unha man. Con todo o que os escoitei…
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania