Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Compensacións para As Pontes

martes, 12 de septiembre de 2006
O pobo das Pontes ( A Coruña), foi tocado coa vara da industrialización e desde hai medio século concentrou unha excelente oferta de traballo que atraeu centos de traballadores de toda a comarca.

A contrapartida que houbo de aboar foi en principio o da contaminación e un permanente olor a ovos podres, ácido sulfhídrico, que os residentes esquecían ós poucos días pero os visitantes percibían con total nitidez.

Sempre se soubo que a febre do ouro nas Pontes ía durar o que durase o carbón lignito do seu subsolo. O cal non foi de todo verdade, xa que para manter en marcha as instalacións chegouse a importar carbón para queimar.

Foi todo un detalle da empresa á que, sen dúbida, lle resulta máis doado aproveitar as instalacións que buscar outro xacemento carbonífero.

Todos estes anos produciron nas Pontes un macrofurado xigantesco donde se arrincou o carbón. Algúns anacos desta superficie xa están recheos de terra, e convertidos en superficie con herba apta para o lecer. O resto, unha grandísima foxa, chea de auga será o maior recurso turístico das Pontes.

Dentro de seis anos, As Pontes terá unha nova lagoa, de máis de oitocentas hectareas de superficie e quince kilómetros de perímetro.

Endesa, cun custe de trinta e cinco millóns de euros, segue o exemplo da cidade alemana na que os restos dunha explotación de lignito son a máxima atracción turística, e afronta un proxecto punteiro en Europa onde ningunha acción deste volume se levou a cabo ata hoxe.

É unha importante compensación para As Pontes pola súa vocación industrial forzada e polo custe de natureza sufrido coa explotación industrial.

En principio, o proxecto parece atractivo e sumamente interesante. Que se faga con xeito e que as Pontes, cando a industrialización esmoreza, teña compensación polos sacrificios efectuados, e continuidade na bonanza económica a través do turismo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES