Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manuel María e as Romaxes Chairegas

jueves, 24 de diciembre de 2015
Publicado en 'Pena do Encanto', Nº7, 2013.

No seu poemario sobre a “Terra Cha” Manuel María adícalle a algúnhas Manuel María e as Romaxes Chairegasromarías da Chaira uns poemas nos que a ternura, a emotividade, a nostalxia… están continuamente presentes. A miña intención e levar a cabo unhas breves reflexións sobre algúns destes poemas e ademais ter en conta a interpretación, que realiza o pensador chantadito Lois García sobre o devandito poemario.

O poema a Virxe do Monte, patrona da Terra Chá, está composto de 4 cuartetos.

Virxe do Monte, Raíña,
Patrona da Terra Chá:
¡olla a soedade miña
que morro de señardá!.

Eu algo teño no peito,
non debe ser cousa boa.
Teñote lonxe, en Cospeito,
con saudades da Lagoa…!.

Estás ollando amorosa
con olliños de abelaira
a miña terra fermosa
na soedade da Chaira.

Eu estou lonxe, Señora,
agora vivo en Monforte,
¡ E penso en Ti cada hora,
miña esterlina do norte!.

Este poema reflicte a profunda melancolía que sinte Manuel pola súa terra de orixe. Así, as súas vivencias da Chaira levanlle a volver a miúdo a este terruño, xa que no seu ser hai unha profunda inquedanza e un sentimento inherente, que lle obrigan a saír do seu Monforte, vila do Lemos querida, coa súa conxuxe Saleta, tamén compañeira e amiga. Estas viaxes, aínda que sexan de ida e volta, permitenlle ao poeta sentir de novo unha natureza, que non pode esquecer, e que está reflectida non só nos ríos, nas lagoas, nas árbores, nos páxaros, nas capelas, nos castelos…senón tamén na proiección de cara aos seus amigos de nome e de moitos outros, que están no seu latexar. Isto último está claramente plasmado na súa “Cantiga de Romaxe para ir ó San Ramón de Vilalba”, onde ademais de facer alusión ao sentido lúdico da festa do San Ramón, aproveita a viaxe para contemplar dende unha atalaia artificial, como é o castelo dos Andrade, unha natureza xa con pequenos cambios propiciados pola chegada dunha nova estación. Asi mesmo esta cantiga serve para lembrar aos seus amigos: García Mato, Pepe Apenela, aos Camba: Pepa, Cristina e Alfonso; Carme Prieto, Pablo Pena de Olano, Plácido Orosa, Antón Insua, Chao Rego, Xulio Xiz Ramil; tamén e, xa dun xeito impersoal, aos poetas que van xurdindo, onde se encontra a “nova savia” galega, e a un sinfín de persoas, que sería moi complexo nomear.

Nos poemas “Romaxes”e de “A Virxe das Angustias de Arcos” hai dous cuartetos nos que o poeta e a advocación mariana respectiva establecen unha relación mediante unha promesa. Esta consiste nun contacto directo e sagrado de forma moral entre o devoto e Deus por medio de Cristo ou dunha serie de mediadores como son as diferentes advocacións da Virxe e dos santos. Sen embargo estes mediadores non sempre son como os define a igrexa oficial, xa que na devoción popular non adoitan ser intermediarios ante Deus, senón que teñen un poder primario é decir un poder que lle son propios.

“Se o centeo non se apedra
ofrecereime con vela:
¡ós Milagros de Saavedra
e mais á Virxe de Cela!
(Romaxes)

“Señora, que todo o ves:
¡benzóame esta ferida!
¡Estou aquí, ós teus pés,
coa miña oferta cumprida!
(A Virxe das Angustias de Arcos).

No primeiro caso a promesa é condicional, é decir, ámbas as dúas advocacións marianas conceden a petición ao devoto e, logo, éste leva a cabo a promesa. Este tipo de ofrenda é un cumprimento “a posteriori”, e recibe tamén os nomes de “ofrenda condicionada” e “petición condicional”. Pola contra, no segundo a promesa é “a priori”, é decir os diferentes rituais e ofrendas, que os devotos cumpren, teñen lugar denantes de que lles sexa concedida a petición. Este tipo de promesa recibe os nomes de “ofrenda propiciatoria” e “devoción peticionaria”.

No poema adicado ao “San Alberte de Parga” composto de 5 cuartetos, o autor fai referencia a este santo como sandador dos mudos e dos tatexos. Sen dúbida Manuel coñecía desde pequeño grazas aos seus pais a proiección importante, que tiña este santo por toda a comarca chairega, chegando o seu territorio de graza ata as terras de Betanzos, onde era coñecido como o “ Santo da fala”.

“Meu San Alberte glorioso
de San Ambreixo de Parga:
¡se o falar é moi hermoso,
a mudez é ben amarga!.

Cómpre dicir que San Alberte foi non só un teólogo dominico do século XIII Manuel María e as Romaxes Chairegassenón tamén un importante filósofo -mestre de Santo Tomas- e retórico. Polo tanto, non resulta estrano que este santo fora tamén un miragreiro intercesor por todos os que desecaban manexar a arte da retórica e da oratoria.

“Dáme unhas verbas sinxelas
prá miña pronuncia escura
e lume para acendelas
en chamas de hermosura...¡

Asi mesmo é moi significtiva a súplica do poeta ao santo para que interceda sabiamente na súa proiección lingüística galega. Se cadra o poeta quere tentar unha concienciación da fala da Chaira utilizando ao santo como mediador?.

“San Alberte milagreiro
eres, como min, chairego:
¡dame un falar verdadeiro
no noso idioma galego.

No poema a “Santa Isabel de Outeiro de Rei”, composto como o anterior por 5 cuartetos, o insigne autor fai alusión a unha romaxe adicada a santa, que se celebra o día 8 de xullo nunha pequena capela situada á beira do río Miño. Esta romaxe, en tempos, tiña moita sona e gozaba dun prestixio en todo o contorno. Isto daba lugar a que acudisen devotos de todas as condicións mais dun xeito preferencial os segadores prestos para comezar a tarefa do campo. Era a romaxe máis cercana a este labor, o que daba lugar a rogos e súplicas tanto polos que quedaban na terriña como polos que saían para Castela na procura dalgúns cartos para poder pagar débedas e seguir vivindo na pobreza. Era un continuo ciclo pechado.

“¡Que romería belida
a túa romaxe, na sega¡
¡A súa sona ben cumprida
a moitos lugares chega.

Ademais o poeta reflicte o seu cariño e fidelidade á Santa xa que foi o producto dunha socialización primaria, que tivo como eixo fundamental a súa nai. Esta transmitiulle unha serie de valores relixiosos, tanto teóricos como prácticos, distinguindo como un dos máis significativos, a veneración a esta entidade sacra.

“O teu amor, miña raíña,
é como escuma e medrou.
¡Foi miña nai, ai santiña,
quen teu amor me amosou!.

O poema da “Virxe da Saleta de San Xulián de Mos”, composto de 4 cuartetos, é devocional, de rogo a unha advocación mariana que posue un territorio de graza proiectado ao ámbito municipal, mais non por iso menos avogosa que as demais advocacións da Chaira. Ademais cómpre sinalar como o poema reflicte o profundo sentimento que o poeta sinte pola súa dona, compañeira inseparable no seu percorrido vital.

¡Xa nomei co teu nome
tódalas cousas que amei!
¡Co teu nome hei nomear
canto na vida amarei!

A cantiga de Romaxe de Santa María de Rábade trátase dunha composición poética na que o autor plasma o amor que sinte por esta advocación mariana a que lle prega que poña remedio as súas angurias. Asi mesmo deixa entrever o pedimento de amor e casamento, que lle fan moitas devotas.

En definitiva estas composicións poéticas reflicten as angurias do poeta, os seus sentimentos, emocións, inquedanzas, a interacción da natureza coa luz divina que nos leva a unha sacralización da mesma e, polo tanto, a un posible panteísmo. “Se Manuel María vai á procura da suposta luz celestial o que si temos claro é que o fai a través da natureza do seu medio divinizado”.

Recordo: Manuel, poeta chairego, insigne, bo e xeroso, que as romaxes da túa Chaira querida latexen no teu ser ao longo dos séculos.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES