Evolución e valores humanos
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 24 de diciembre de 2015
Cando dicimos que algo é moi humano, sentimos unha ternura enorme.
Obrar con humanidade é digno de persoas que coñecen moi ben a naturaza humana.
Ó longo da historia o ser humano intentou ir superándose segundo lle permitían as súas circunstancias, depedendo do momento histórico que lle tocou vivir:
-De nómada, pasou a sedentario.
-De sedentario pasou a agricutor e gandeiro.
-De agricultor e gandeiro pasou a industrial.
Hoxe en día, onde non hai industria, non hai evolución nin riqueza.
Tódolos avances son recomendables cando se fan con absoluto respeto ós valores humanos e por suposto- á nai natureza:
-É moi recomedable e humano, o avance da técnica cando esta nos fai a vida máis levadeira, como pode se-la maquinaria que nos facilita o traballo.
-É moi recomendable e tamén moi humano, o uso das novas tecnologías cando estas se usan para mellorar a calidade de vida das persoas.
Grazas a Internet podemos ter acceso á bens de consumo que sirvan para enriquecernos tanto a nivel material como cultural, psicolóxico, emocional e espiritual.
A esto chámaselle evolución.
Outra cousa é o bo ou mal uso que se faga delas.
-Son moi ben valorados os avances na industria automobilística que fabrican cada día coches con maiores servizos e comodidades para facer a vida máis humana ós usuarios.
Noutros campos pasa máis máis do mesmo:
¿Cómo se ían imaxinar os nosos avós que pudiéramos comunicarnos con persoas situadas nas antípodas de xeito instantáneo e e vendo en cada momento o que estamos facendo?
Moitos de nós aínda non temos moi claro como é posible que saiban toda a nosa vida sencillamente porque levamos con nós un teléfono móbil ou porque pagamos cunha tarxeta de crédito.
Comprendo que é necesario que facenda saiba os nosos ingresos para saber canto nos teñen que reter; ou que as forzas de seguridade poidan controlar por onde andamos e o que facemos.
Pero
¿É humano que saiban canto consumimos, o que consumimos, onde nos atopamos, con quen estamos e o que facemos?
¿Onde está o dereito á intimidade?
Hoxe en día hai cámaras que nos están vixiando por todas partes.
Saben toda a nosa vida.
¿Cal é o obxectivo?
Vendernos esto, vendernos aquelo
Eso lévanos a traballar sen medida, gastar sen medida e consumir sen medida.
Pero habería que preguntarse en que medida repercute no noso índice de felicidade.
Cando os avances van parellos co benestar humano, prodúcese unha evolución conforme á razón.
Pero non sempre é así:
Cando por aforrar en postos de traballo, nos conectan a unha máquina que está programada dunha determinada maneira sen opción a ningún tipo de aclaración; eso non se pode considerar como evulución, porque está tratando a un ser humano como un obxecto.
Situacións desta índole, estanse dando cada día máis co único obxectivo de aforrar en postos de traballo e abarata-los costes.
¿Pódeselle chamar a esto evolución?
¿Estanse respetando os valores humanos?
Pero aínda se dan casos máis sangrantes:
-O das criaturas que non teñen oportunidade de ver nin falar con seus pais porque estes están absorbidos por obrigacións laborais e poñen ós seus proxenitores en mans alleas como cando mandas unha maquina a reparar.
¿Son as criaturitas un obxecto ou son carne da nosa carne?
¿Qué legado lles deixamos ós nosos fillos?
En ocasións escravizámonos para xuntar cartos e logo temos que gasta-los cartos para pagar desvíos de conducta que pudieron terse evitados.
-O dos anciáns que morren de soidade por falta de atencións das persoas que máis queren e polas que deixan feito moitos sacrificios.
¿Qué sera de nós se nos deixan abandoados cando non poidamos valernos por nós mesmos?
Neste sentido:
¿Evolucionamos ou involucionamos?
¿Onde quedan os dereitos humanos?
-O dos enfermos en hospitais que non teñen quen os visite porque os seus parentes están noutro mundo.
Desto tería moito que dicir o persoal sanitario.
Viivimos con tanta présa
Necesitamos calmarnos.
Necesitamos leva-la vida con calma para que a vida poida ser vivida.
VÍSTEME AMODIÑO QUE TEÑO PRÉSA
Este será o título o seguinte artigo.
Nos tempos que corremos, levamos moita présa e por veces pasamos por alto o mellor da vida: disfrutala.
O meu desexo é que a disfrute cos seres máis queridos nestas datas tan entrañables e tamén o resto do ano.
Moitas grazas.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora