Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por culpa dos pés

miércoles, 23 de diciembre de 2015
Esgotado. De estar quieto. Ou de moverme a modiño, moi a modiño. Non sei se conseguirei escribir. Consigo coller o bolígrafo, pero ó suxeitalo con forza (sempre o suxeito con tanta forza que teño incluso un calo no dedo medio ou o pai de todos), digo que ó suxeitalo atácame a cambra na man. Eu sempre digo que se me “encatramusa”. Encatramúsaseme a man, encatramúsanseme as pernas, encatramúsanseme os dedos. Teño que deixar de escribir e darlle unha masaxe á man. As cambras débense a que levo todo o día, levo dous días dálle que dálle á tesoira da poda. E isto cansa. Aínda que, o que máis me cansa é o de estar quieto, ou moverme a modiño, moi a modiño.

Por culpa dos pés. Estes son os que me matan, os que me crucifican con esa lentitude. Díxeno sempre: prefiro percorrer os 30 quilómetros que hai de Ourense a Baños de Molgas a un paso normal que pasear só que sexa unha gabia da Costa da Gándara. Estou esgotado. Case non consigo escribir. Mais estouno facendo, malamente, porque… hai que escribir.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES