Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Morriña do Nadal

viernes, 25 de diciembre de 2015
O Nadal é tan importante que aínda non sabemos ben o que é; saberémolo a fondo, definitivamente, con plena conciencia, o día do noso pasamento, ao nacer á terceira vida, á definitiva. ¡Sen Nadal iríamos ao Seo de Abraham, como moito!A Morriña do Nadal
Xesús, desde aquelas pallas de Belén, dunha ollada abriunos o Ceo. ¡Desde entón somos outros, outra vida, outras posibilidades! Nacendo na pobreza abriunos as portas da riqueza definitiva, as da salvación. De ter unha soa vida pasounos á terceira: Nacemos fisicamente no día en que nosa nai se cansou de levarnos no ventre; pero nacemos tolleitos, sucios, en pecado.

Co nacemento de Xesús volvemos a nacer, renacemos á vida salvífica. E co pasamento, no pasamento, ¡pasamos! ¡Entramos nese Ceo salvífico, definitivo!

Celebramos o Natalicio do Fillo do Home pero quedámonos curtos, porque tamén o é da humanidade redimida, ¡de toda a humanidade, nós incluídos!

É certo que nos redimiu coa súa paixón, morte e resurrección, pero tamén co seu nacemento, orixe, fase inicial do misterio redentor.

¡Tal día coma este nacemos, salvámonos; pasamos á nova perspectiva, que por algo nos felicitamos as Pascuas!

Nestas datas sentimos profundamente todas e cada unha das ausencias entrañables; ¡está ben, pero está mal, pois, grazas ao Divino Natalicio, aquelas ausencias deixaron de ser definitivas: temos unha meta común, gloriosa, na que nos esperan todos aqueles que nos foron queridos! Máis é, que, aínda que non podamos velos cos ollos carnais, nestas datas, con un pouco de recollemento, séntense os seus espíritos ao noso redor alentándonos para renegar do pecado, único impedimento para ese reencontro no reino das almas.

O costume, ¡de quen pode, por suposto!, é darnos a gran chea. ¡Mal feito, que debera ser día de xaxún, para vivilo no espiritual, rotunda e absolutamente espiritual!
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES