Tempo de panxoliñas
Fernández, Suso - martes, 22 de diciembre de 2015
Estamos de cheo nas datas en que o calendario sinala as xornadas entrañables do Nadal; celebración de ledicia e tamén de fondas nostalxias: a ledicia da volta ó fogar daqueles membros que se atopan espallados polo mundo, pero tamén polas fondas nostalxias da ausencia dos seres queridos que endexamais voltarán e deixaron as nosas vidas cun vacío, ás veces prematuro, e polo tanto coa dor dunha existencia tan fugaz
A música é, en esencia, a combinación de sons que expresan os sentimentos; cada episodio vital, cada estado de ánimo ten a súa expresión musical: a alegría, a tristura, a victoria, a derrota, o amor e o desamor; todo, en fin se interpreta dende a sensibilidade expresiva das notas musicais, magnificando as vivencias mais íntimas e entrañables.
O tempo de Nadal, de fonda resoancia en toda a Humanidade, ten históricamente como expresión musical e poética o villancico, nome que procede do termo vilano, equivalente a rústico pois era a cantiga dos pastores. Logo os vilancicos se cultivaron nas capelas das Catedrais, polos XVII e XVIII, tempos do apoxeo dun xénero que tiña os precedentes nas festas populares de Nadal e na liturxia.
O vilancico foi moi cultivado en Galicia e aquí traspasou o ámbito puramente popular, pois foron moitos os poetas que escribiron vilancicos, panxoliñas,nadais, aninovos e reis. Os mais próximos a nós : Noriega,Crecente Vega,Iglesia Alvariño, Trapero, Díaz Jácome
cantaron tamén ó Nadal. Alvaro Cunqueiro tódolos anos escribía un vilancico para que o cantara Remediños, a filla do seu amigo, músico e barbeiro, O Pallarego,que lle poñía a música.
Como son moi pequeniña/ non che me deixaban vir/pero díxenlle á abuelita/ que me trouxera ata aquí./ Pensei traerche un regalo/ unha rosquilla ou un bolo/ pero aínda tiveron que traerme no colo
Medio kilo de xabón/ neste tempo de estraperlo/val como un ollo da cara/ i-a todos nos ven al pelo./ Pero non é para vosoutros/mal está en que eu o diga/ que é para San Xosé e o Neno/ e mais para a Virxe María.
(Suso Fernández é cronista oficial de Foz)

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora