Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por que dicimos prosmadas?

lunes, 21 de diciembre de 2015
Vaime custar completar este recuncho. Por que estou canso e, sinceramente, non me apetece moito escribir, cústame pensar. Logo, para máis aquel, sobre o que realmente se podía escribir esta semana é sobre as eleccións (lembrade que isto escríboo ós venres ou, como máis tardar, ós sábados), pero estas xa pasaron, e agora mesmo, non sei que aconteceu.

Certo que, referente a isto, podo botar man do hostiazo de Rajoy. Se quero, o asunto dá para este recuncho e para moito máis. Pois, si, vou ir con el. O hostiazo a Rajoy demostroume o hipócritas que somos: todos desculpando esa faena, que iso nunca se fai, que a violencia tal e que a barbarie cal, pero estou por apostar que a metade ou máis alegrouse de que levara ese hostiazo. Así é que, por que demo dicimos prosmadas? Hoxe mesmo (venres) xa lle oín dicir a unha persoa o seguinte: “agora mesmo daba 50 euros por outro hostiazo”. Por outra parte; por que se lle dá tanto bombo, cando hai uns días lle deron unha malleira a un concelleiro de Podemos (en Canarias, creo que foi) e ó instante morreu o conto? Unha terceira cuestión: por que se quere politizar tanto o hostiazo? Pensade un chisco. Quen lle deu o hostiazo? Un rapaz de 17 anos. Penso no meu fillo de 17 anos e seguro que non ten nin idea das dereitas, das esquerdas, dos conservadores e dos progresistas. Non creo que o rapaz lle dera o hostiazo a Rajoy polo asunto político; para min foi tan só por fachendear ante os amigos. É como se se lle dá por zouparlle a unha papeleira ou a un farol da luz. Non me apetecía escribir, pero… como son un laretas.!...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania