Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A difícil asunción da actualidade

viernes, 08 de septiembre de 2006
Cada día sorpréndenos cunha actualidade máis complexa. Estamos en vilo de xeito permanente, expectantes diante do que nos aconteza, en continuo aluvión facilitado polos moi numerosos medios informativos.

Non fai falla remontarnos ós tempos de aquela “descansada vida” do rural onde as horas transcurrían con lentitude, e só a escuridade e a luz ían marcando paseniñamente o paso dos días, dos meses e dos anos.

As voces dos transistores nos anos sesenta racharon con esa tranquilidade e levaron polos nosos campos a actualidade diaria despertando aquel marasmo complacidamente provocado por un rexime que o que menos quería era novidades.

Logo a televisión. Moito máis timidamente a prensa. E agora as novas tecnoloxías, por fin. E para que ninguén teña demasiada forza informativa, os gobernos central e autonómicos multiplican concesións de radios e televisións locais, co que a oferta en teoría é moito máis variada aínda que na práctica as grandes cadeas sigan a copar o sector.

E ese conxunto de medios, día e noite, subminístrannos informacións a cotío, nun aluvión de noticias, para que estemos ateigados de información, cada vez menos asumida ou entendida.

No exterior, o problema do Líbano, ó que imos aportar un continxente de soldados, no que tódalas forzas políticas están dacordo, aínda que discuten como se non o estiveran.

No interior de Galicia, os verquidos do Umia e conseguintes problemas, que nos falan de imprevisión, de maltrato á natureza, de inseguridade para milleiros de persoas.

O tren que non funciona, os incendios que volven aparecer, as augas que non veñen, os mortos daquel verán, o Estatuto esquecido, os fondos europeos, os partidos das seleccións, os mortos en Canarias, as negociacións con Eta, o tabaco nos bares, a subida dos intereses... E a eso hai que sumar as declaracións dos políticos, os accidentes nosos de cada día, os atentados terroristas, as catástrofes naturais...

Deberamos estar vacunados, pero nunca o estaremos. Durante todo o día, tódolos días, asumimos centos de informacións, a maioría tráxicas, o que chamamos “malas noticias”, como o máis normal.

É difícil asumir a actualidade. E sen embargo facémolo con fruición, masoquismo puro. E estamos dispostos a recibir todo o que veña. Por eso, tamén, estamos dispostos a soportar toda a bazofia política que nos invade. E dicimos que chove. A falta de outra choiva, ¡a que está caendo!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania