Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O vinte é un día abxecto

jueves, 17 de diciembre de 2015
Hai que ter unha moral ou visión moi abxecta para poñer as eleccións un vinte de decembro.

Que pensamento o do partido imperante da corrupción o de poñer e impoñer esta data.

Campeóns da transparencia, esperando a chegada do neno Xesús, rei da luz, para que os volva iluminar noutra lexislatura, que será a chegada dos “illuminati” marcando a aparición do vacío dentro dun cadaleito mouro onde o partido do poder morrerá na seguinte lexislatura “ de morte morrida” porque canto máis lenta é a morte, máis segura é, e máis difícil resulta o seu renacemento.

Mais, volvamos á data escollida polos nigromantes da corrupción, onde a conversión da auga en ouro ou en viño será unha das metas da imposibilidade por moita alquimia que se lle bote e sendo o ouro a procura certa destes alquimistas da política; non de todos, evidentemente.

Hai que ser diferente, pillabán, estraño, egoísta . . . para inventar esta data; data que ten uns condicioantes que benefician ao Partido imperativo do Poder que non diferencia a festa da política, por iso, a intimidade familiar fará que as eleccións estén mediatizadas polos turróns, o cava catalán, a lotería, a casa, os fillos, os familiares e ata os cans e o calorciño da lareira que hoxe se chama lar. A mediatización da paga extra, os agasallos, os corpos quentes das enchedelas, as vacacións e un longo etcétera farán que vexamos luces nas sombras, champán na auga, regalos sen soldos, calor na pobreza enerxética, enchedelas na fame, vacacións no traballo, e o noso papeliño irá polo furado do escuro pensando ao revés da realidade perdida entre os desexos que nos embargan.

Benqueridos nigromantes da data, todos non pensamos igual.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania