Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pantomimas e ficcións no teatro de monicreques

jueves, 17 de diciembre de 2015
Véxome na necesidade de dicir algo sobre unha pantomima que é ó tempo unha ficción: a mantida o luns entre dous políticos que quixeran seguir mantendo un coto cerrado de poder no seu beneficio.

Ficción de que son eles a alternativa, cando dun xeito ou outro, son o pasado. Pantomima teatral para unha posta en escena que se sabe (e se ten máis claro que nunca neste estado) que non é máis ca iso.

Logo sairon portadas e portadas adicadas ó acontecemento, e, dun ou outro xeito, non creo que falla falta ler moito entre líneas para rematar cunha conclusión: é certo que saír por televisión en parella sempre da máis popularidade á parella, pero perderon ambos. Perderon cando fixeron unha primeira parte insulsa, perderon cando falaron dunha corrupción descontrolada, perderon cando perderon os estribos, perderon cando pretendían ganarse un ó outro. Perderon cando mantiveron que eran o un ou ou o outro, perderon cando tiveron en conta ó pobo só para pedir o voto.

Perderon tamén cando fixeron ver que sen eles non había gobernabilidade...

O malo é que, con tanta perda, non hai un pobo ganador e si un perigo de contaxio das forzas políticas que puideran non estar contaxiadas polo momento (máis aló aínda da estreita marxe de manobra que poidan deixar os poderes fácticos ó mando da situación, incluídas, claro, institucións como o FMI e cía). Un contaxio que postraría ó pobo, a nós, por outra longa tempada máis, independentemente dos resultados.
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania