Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Santuario do Cebreiro (4). Etnorituais e ofrendas.

jueves, 17 de diciembre de 2015
6. Votos dos veciños do Cebreiro
O 11 de xullo de 1820 os veciños desta comunidade acordan levar a cabo unha serie de votos na honra da Nosa Señora do Cebreiro e do Santo Milagre, reflectidos no seguinte texto:
“En el Nombre de Dios Todo Poderoso, Padre, Hijo e Espíritu Santo, La Sma. Trinidad, Ntra. Señora del Cebrero Patrona, y Abogada ntra. y del Smo. Milagro, que se venera en esta Santa Iglesia bajo el Título de Santa María la Real.
Todos los Feligreses en general y cada uno en particular en presencia de Nro. Muy Rdo. Cura Fr. Benito Carcamo, que Ds. guarde, atendiendo a que estamos bajo la protección y amparo de Nra. Patrona (Nra. Sra. del Cebrero) del Smo. Milagro, y que experimentando cada día los singulares favores del cielo, cual todo Montañés, desecho en lenguas, no podemos menos de confesar por la poderosa intercesión de esta Divina Madre y Su Smo. Hijo, que siendo nuestro consuelo en todos los apuros, nuestro remedio en todas las afliciones y desgracias, nuestra esperanza en todos los buenos deseos, qual hijo, que espera en su Padre lograr cuanto le pida; sin comparación en estas Antorchas del Cielo esperamos todos, los que somos suios; reconocidos de tantas gracias, y parece que sería tener a Dios escondido, si venerando, como veneramos, y creemos firmemente, que el Preciosísimo Cuerpo, y la Sacratísima Sangre de Nro. Redentor Jesu-Cristo está en las Sagradas ampollas de Christal, en las que (según refiere la Historia) mando poner con toda decencia la Reyna Dña. Isabel, Cuio Milagro mas hace de quinientos años sucedió, como lo refiere el Historiador Yepes en su Crónica General de Sn. Benito Año de Christo 836 del Patriarca Sn. Benito 356, Fol. 64, no nos prometiésemos, como nos prometemos, fijar un día festivo haciendo, como hacemos un voto particular de la Parroquia de guardar el día nueve de Septiembre, en que nos obligamos a suspender toda labor, y dedicarnos a ofrecer nuestros votos, darle gracias y solemnizar la fiesta en su Sto. servicio, y provecho de nuestras Almas.
Así nos lo prometemos, así lo esperamos cumplir, mediante la gracia y auxilio de Dios del Santo Milagro, y de la Virgen nuestra Patrona.
Así lo queremos, y firmamos los que sabemos, en presencia de Nuestro Cura que al presente lo es en esta Villa del Cebrero a 11 de Julio de mil ochocientos veinte.
Benito Carcamo, José López, Bernardo de Revollal, Bernardo López, Benito Pérez, Juan Santín, Tomás Bosamal, Joseph del Valle, Juan Núñez, Bernardo de Rivollal, José de Freijo, Basilio Goá, Benito Espín, Juan Gallardo, Manuel Porto, Juan González, Manuel Carballo, Francisco Pérez, Pedro Díaz, Pedro Pérez, Juan de Espín, Manuel Pérez, Joan García,” firmado.

7. Piedade popular
Na igrexa de Santa María do Cebreiro, conmemórase, o día 8 de setembro, a festividade de Santa María a Real; e o día 9, o Santo Milagre. Námbolos dous días acoden centos de devotos de diferentes lugares de Galicia, dun xeito preferente da provincia lucense. Ademáis, o día 9, veñen moitos fieis da comarca Berciana de León, ó ser festivo en toda a provincia. “Las fiestas de los días 8 y 9 de setiembre se han convertido en uno de los centros de romería más importantes de Galicia y León. Millares de peregrinos se acercan a venerar el Santo Milagro y la Virgen del Cebrero… El Santuario de las Altas Cumbres se convierte en centro de cita para millares de leoneses y gallegos. El día 8 era de los gallegos, el 9 de los leoneses…El día 9 concurren en mayor número, gallegos y leoneses, todos hermanados para implorar la protección divina”. “A romaría xunta nos dous días a unhas 30.000 persoas de Lugo e León…”.

7.1. Pedimentos e rituais
En xeral, os devotos ofrécense por si mesmos, aínda que hai ocasións nas que actúan como substitutos doutras persoas, que non poden vir por algún motivo case sempre ligado con doenzas. Isto queda reflectido dun xeito preferente cando o devoto ofrece máis dunha misa e acende máis dun “velón”. Algúns veñen logo de que a divindade lles atende o pedimento. Pola contra, outros acoden, suplicantes, para que o ente sagrado medie perante diferentes peticións. Entre as máis usuais facemos alusión ás doenzas humans, á mellora nas colleitas, matrimonio, por traballo, por problemas de índole familiar e social etc. “Saúde, destino, matrimonio, sorte e axuda nos negocios son os pregos máís frecuentes dos romeiros de toda Galicia”.
Agora ben, a petición vai vinculada ao cumprimento dunha serie de promesas reflectidas nos rituais e ofrendas que imos ver a continuación.
No que atinxe aos rituais e prácticas penitenciais, un costume aínda vixente é o de vir andando dende o seu lugar de orixe. Así, hai devotos que acoden a pé dende diferentes concellos da provincia lucense, como Becerreá, as Nogais, Pedrafita, e Triacastela; e tamén dalgunhas vilas leonesas da comarca do Bierzo, dun xeito preferentes de Vilafranca e Vega de Valcarcel. Segundo Marta Castro Alba, aínda hai algúns devotos, que soben descalzos dende a vila de Pedrafita, se o tempo acompaña. Tamén, hainos que van descalzos na procesión. Antano, a comezos da década dos trinta do século pasado había romeiros que viñan descalzos dende localidades do Bierzo e Sarria.
Logo de que os fieis chegan ó recinto sacro oen unha das misas, que son oficiadas polos frades franciscanos dende primeiras horas da mañá ata xa moi entrada a tarde. A misa cantada da unha da tarde é concelebrada por varios frades e, se o tempo o propìcia, lévase a cabo nun campo situado por detrás do santuario para engadir espacio que permita aos fieis poder asistir ó ritual do xeito máis confortable posible.
Ao remataren estes oficios relixiosos, sae a procesión que reviste a seguinte disposición respecto aos seus elementos:
En primeiro termo, vai a cruz parroquial, dous pendón e un estandarte, levados por fregueses e devotos dámbolos dous sexos; logo, a imaxe da Virxe levada nas andas por devotas súas, ataviadas co traxe de galegas. Como remate, os frades concelebrantes e os fieis, colocados sen distinción de idade e sexo. Ao día seguinte, a procesión reviste case a mesma estructura, xa que hai que engadirlle os elementos propios do Santo Milagre, que son portados por un frade baixo palio.
Ademais da participación na liturxia oficial, os ofrecidos realizan diferentes rituais populares. En primeiro termo lévase a cabo o “ritual de circunvalación” ó redor da advocación mariana, situada na capela do Santo Milagro. Este rito é habitual realízalo de pé e calzado, nembargantes hai uns poucos devotos que o levan a cabo de xeonllos. Asi mesmo, o número de voltas que hai que dar ó redor da imaxe, é variable. Así, temos que unha devota de Cervantes veu ofrecida a dar 15 voltas ao seu redor por un pedimento que lle outorgou a Virxe e, ademais, por outros familiares.
Por outra banda, ao mesmo tempo que os devotos levan a cabo este ritual, están realizando tamén un ritual de contacto coa advocación mariana, ben bicando o seu manto ou pasando os seus panos pola imaxe cos que logo tocan algunhas partes dos seus corpos cunha finalidade preventiva e curativa. Outras manifestacións deste ritual de contacto podemos aprecialas cando os devotos bican o relicario do Santo Milagre, que un crego sostén mentres se realiza a cerimonia; tamén, ao pasar as súas mans e panos polo sagrario, situado na capela do Santo Milagro, e polos pés e perizoma da advocación de Cristo, que se encontra no altar central. “En los actos religiosos se daba a besar la sagrada reliquia de la Transubstanciación”.

7.2. Ofrendas
A relixiosidade popular ten, ademais dunha dimensión práctica, un compoñente de pacto baseado na reciprocidade, que esixe do devoto a entrega dalgún ben para propiciar ao ente sacro ou para compensalo polo favor recibido. Por iso é común que se depositen diversas ofrendas no interior do templo. Unha moi xeral é a dos “velóns de cera” –cirios pequenos- que os fieis adquiren ben nun posto de venda de cera, situado no exterior do santuario, ou no que está colocado no lado dereito da entrada ao mesmo. Logo, deposítanos, acesos, tanto no exterior do santuario como no seu interior. Con respecto ao exterior hai un espazo, ubicado ao carón da parede lateral esquerda do recinto sacro, onde os devotos entregan esta ofrenda a dúas persoas, ligadas coa administración do santuario, que as depositan nuns lampadarios metálicos existentes para tal fin. En canto ao interior, hai dous lugares básicos: un, emprazado na parte inferior de onde está colocada a advocación mariana do Cebreiro para a súa veneración; e o outro situado na parte superior dámbos os dous sepulcros, que se encontran na capela do Santo Milagre, adosados á parede lateral esquerda.
Outra ofrenda son as esmolas en metálico, que adoitan entregarse no petitorio colocado ó pé da advocación mariana, no interior da pía bautismal, e no intre de pasar as mans polo sagrario da Capela do Santo Milagro.
Asi mesmo, hai devotos que ofrecen estipendios en misas, cada unha das cales vale 10 euros. Námbolos dous días de festividade, calcúlase que pode haber unha ofrenda cercana a 500 misas. “O prezo de cada misa era de cincocentas pesetas no ano 1994 e a mediados da primeira década do presente século de 8 Euros”. Con respecto a esta ofrenda, xa a finais do primeiro tercio do século XX o administrador do Santuario dictamina o seguinte: “Por decreto de nuestro Ilmo. Sr. Obispo de fecha 11 de enero del corriente año (1930) se prohibe a los sacerdotes tanto seculares como regulares recibir estipendios inferiores al diocesano, el que en virtud del mismo decreto se establece que la tasa diocesana para estipendios de Misas manuales (as ofrecidas polos fieis por propia devocion) en este Obispado será de tres pesetas”. “Se colectarán misas manuales de tres pesetas para distribuir entre los señores sacerdotes de la diócesis prefiriendo los inmediatos”. “Las misas locales, sin determinación de día ni hora, se celebrarán en este Santuario a tenor del canón 836, al estipendio de tres pesetas y cincuenta céntimos”. “Cuando por los fieles se exija un día previamente convenido, el estipendio será de cuatro pesetas, siendo la hora antes de la diez de la mañana”. “En los días de fiesta u otros después de la diez de la mañana, la limosna será de cinco pesetas”. “Las misas cantadas sin fijación de día será de diez pesetas”. “Las solemnes veinticinco pesetas”.
Tamén, uns poucos fregueses seguen traendo, segundo Montse Castro Alba, uns saquiños de cereal coa finalidade de que haxa unha boa colleita ou en agradecemento porque a anterior foi boa.
Finalmente, algúns devotos achegan ramos de flores; e, tamen, figuras de cera, que simbolizan ó corpo humano, total e parcialmente.
O cumprimento dos diferentes rituais e ofrendas non só se realizan os días da festividade do santuario, senón que en calquera domingo do ano acoden devotos doutras comunidades para implorar á Virxe todo tipo de peticións.
Por outra banda, os oficios relixiosos dámbolos dous días complementanse cunha dimensión laica e profana, na que os fieis en xeral disfrutan dun tempo de lecer, mercan productos de diversa índole, entre os que hai que salientar as rosquillas, a roupa e os productos alimenticios. Tamén hainos que xantan o polvo o uns anacos de churrasco baixo os toldos dos tres postos, que están emprazados no campo da festa. Á noite algúns fregueses e mozos doutros concellos toman parte na verbena.

8. Consideracións finais
O santuario do Cebreiro, por medio da lenda referida ao acto eucarístico, patentiza a presencia dun ser intanxible e sagrado nesta comunidade. Hai polo tanto unha relación entre o humano e o sagrado. Compre dicir que o sentido de posesión da advocación mariana e das santas reliquias non se fundamenta, dun xeito preferente, no seu valor artístico e pecuniario, senón no poder que posúen por si mesmas e para a comunidade propietaria en canto que constitúe un importante símbolo de referencia e identidade. A lenda ten un carácter trascendente e transmite conceptos fundamentais da cosmovisión do grupo social no que se xera e difunde.
Este santuario está situado nunha igrexa parroquial, mais trascende a súa ubicación concreta xa que a súa sona chega máis alá do contorno inmediato, non só de cara a Galicia, e máis concretamente á provincia de Lugo, senón tamén á comarca berciana de León. A vitalidade deste recinto sacro está fóra de dúbida, recibindo nos nosos tempos a centos de persoas cada ano non só os días da festividade, senón tamén calquera domingo do ano. Agora ben, sen milagres non hai posibilidade de crear devoción. E isto é así xa que os portentos se difunden entre os romeiros Non embargantes, ó ser o Cebreiro un lugar importante no camiño francés, case tódolos días do ano o santuario recibe a visita dalgúns peregrinos. Algúns acoden con devoción para venerar a advocación mariana e as santas reliquias. Outros, fano máis ben por curiosidade e para contemplar a dimensión artística do templo.
Tanto a advocación mariana como as reliquias do Santo Milagro actúan dentro dunha mentalidade cristiá como mediadoras perante Deus, e chegan a posuir todo o seu poder sobrenatural mediante un proceso que o antropólogo Joan Prat define como condensación simbólica. Con elas tense unha interacción fundamentada en signos lingüísticos e corporais encamiñados a acadar o seu amparo e indulxencia.
Esta graza sacra está, como sucede con toda a relixiosidade popular, suxeita a un intercambio baseado no principio de dou para que me deas . Por tanto, a promesa a divindade reproduce dun xeito claro o sistema social vixente, no que polo xeral se moven as relacións humanas en función do sentido da racionalidade pragmática e na actuación de intermediarios que teñen como finalidade acadar certas metas a cambio de cartos ou dunha posterior prestación cando chegue o momento axeitado. Segundo Marcial Gondar cando o campesino mercantiliza as súas relacións religiosas...o que tenta é traducilas a unha dialéctica coñecida, que lle proporciona dúas vantaxes fundamentais: a comprensión pragmática dunha interacción, de por si misteriosa, entre o natural e o sobrenatural, e unha certa seguridade ou dereito emanante da reciprocidade co intermediario. Por iso os romeiros depositan esmolas e outras ofrendas, dando así cumprimento a súa parte no trato.
Non embargantes, a comunicación coa imaxe e as santas reliquias require de actos penitenciais propiciadores da graza divina. Así, no santuario do Cebreiro aparecen signos vinculados coa penitencia, como ir caminando dende o lugar de orixe dos devotos. Caminar é a forma máis sinxela de purificación e mortificación corporal. O carácter penitencial da romaxe está ligado ao esforzo que debe realizar o ofrecido para chegar á meta romeira, acumulando deste xeito méritos que propicien ao ente sacro.
Por outra banda, a dimensión sacra transmítese ao exterior, dun xeito directo, por medio da procesión. As imaxes que saen na mesma, santifican o espacio xeográfico que percorren, proporcionando unha enerxía positiva a todos os seres que se encontran no mesmo. Respecto á disposición da procesión, hai unha serie de trazos básicos: dentro da comunidad local é algo que chega vitalmente aos fregueses. Ademais, é mester reparar nas imaxes, no xeito de levalas, no pobo que participa e no que mira, así como no espírito da celebración reflectido en cantos, rezos, e mesmo no silencio.

BIBLIOGRAFÍA
ALVILARES, José.: O Cebreiro, A Coruña: Imp. Moret, 1956, páxs. 41-42.
BLANCO PRADO, José Manuel. Exvotos e rituais nos santuarios lucenses, Lugo: Deputación provincial, 1996, páxs. 137-140.
DELGADO GÓMEZ, Jaime. El camino francés de Santiago en su tramo lucense. Hércules de Ediciones S.A, 1993, páxs. 27-32.
EQUIPO “IR INDO”: GUZMÁN LÓPEZ, Cristina; IGLESIAS PÉREZ, Montserrat; MIRAMONTES CARBALLADA, Ángel e outros. Galicia en Comarcas. Os Ancares e O Courel, Vigo: Ed. Ir Indo. La Voz de Galicia, 2005, páxs. 141-145.
FRAGUAS, Antonio. Romarías e Santuarios, Vigo: Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1988.
GARCÍA ORO, José.: Galicia en la Baja Edad Media. Iglesia, señorio y nobleza, Santiago de Compostela: Biblioteca de bibliófilos gallegos. Biblioteca de Galicia, XVII, 1977.
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M.: Guía de festas populares de Galicia, Vigo: Galaxia, 1997.
LISTA OMAYRA. Santuarios con Leyenda. Galicia en guías 2005, nº 13. La Voz de Galicia, páxs. 54-57.
LÓPEZ POMBO, Luís. O Cebreiro. Apuntamentos históricos e documentais, Lugo: Deputación de Lugo, 2013.
LÓPEZ VILLARABID, Víctor.: O Cebreiro, León: Ed. Everest
MARIÑO FERRO, Xosé Ramón. Santuarios mágicos de Galicia. Vigo: Ed. Nigratrea, 2003, páxs. 49-53.
OTERO GARCÍA, Concha. “Pedrafita do Cebreiro”, en, La Voz de Galicia, A Coruña, páxs. 1013-1016.
RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, Manuel. “La inscripción del cáliz do Cebreiro. Estudio lingüístico del texto”, en Lucensia nº 32, Lugo, 2006.
VALIÑA SAMPEDRO, Elías.: Inventario Artístico de Lugo y su provincia, Madrid: Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica, 1975
VALIÑA SAMPEDRO, Elías.: Catálogo de los Archivos Parroquiales de la Diócesis de Lugo. Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial, 1991.
VALIÑA SAMPEDRO, Elías. El camino de Santiago. Estudio histórico-jurídico. Lugo: Deputación provincial, 3ª ed, 2000.
VILLAAMIL Y CASTRO, José.: Artigo publicado na “Crónica do 2º Congreso Eucarístico” celebrado no mes de Agosto do ano 1896 en Lugo, 1896.
YEPES, Fr. A.: Crónica General de la Orden de San Benito, Madrid: Ed. Biblioteca de Autores Españoles, t. II, Madrid, 1960.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania