Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O vello Castiñeira

lunes, 14 de diciembre de 2015
O Ignacio Chacártegui era un cargueiro que, na primeira metade do S.XX adoitaba entrar no porto focego con carga xeral para abastecer as localidades da bisbarra e sair con travesas de piñeiros para as minas de Asturias.

Un día de febreiro de 1929 o barco , fora da barra, esperaba calado para entrar. O capitán mandou a tres homes a terra nun bote; subía a marea, o mar estaba alporizado e a lanchiña envorcou. Dos tripulantes, dous nadaron cara a terra e un desapareceu. Alertados os mariñeiros no porto saíron varias lanchas en auxilio: na proa da chamada “Peidiño” ía Xesús Castiñeira vixiando ao seu derredor. Cando albiscou ó desaparecido mandou desembragar, e o avezado mariñeiro cunha corda pola cintura lanzouse ó rescate do náufrago malia a forte ondada reinante e logrou sacar á superficie ó mariñeiro Xosé Ponte Verdes quen , a pesar dos esforzos de Castiñeira, finou pouco despois. Ante o arriscado proceder pensouse solicitar dos poderes públicos algún tipo de recompensa para o audaz mariñeiro, pero non temos constancia de que fose así.

O vello Castiñeira, arquetipo do home de mar, navegante por tódolos mares, curtido polo sol, os ventos e o salitre; auténtico lobo de mar. Consumado nadador, era un mergullador experimentado e a resistencia baixo as augas, excepcional; habilidade adquirida na mocidade, pola desembocadura do Missisipí, onde desembarcara dun buque de guerra para se dedicar en Nova Orleáns á colleita de ostras enrolado noutro barco. O seu pai, tamén navegante nestes mares, levaríase a gran sorpresa xa que se atopou alí con varios Castiñeira, entre eles un irmán, do que non coñecía o paradoiro. O seu avó fora capitán dun patache de vela e nel desasnaba a tódolos rapaces da familia, que aos 16 ou 17 anos marchaban polo mundo dirixíndose moitos a aquelas latitudes.

De volta en Foz, o noso personaxe seguiu dedicándose à pesca e a súa lancha era unha auténtica escola de pescadores. No ano 1946 foi encargado da vixilancia da praia. As obrigas do seu cometido serían vixiar con carácter de axente da autoridade que os bañistas non se metesen en zonas perigrosas, nen cometesen actos inmorais, e acudir coa urxencia requerida ó salvamento dos que se atopasen en perigro. A vixiancia realizarìase tódolos días de 8 a 21 horas, durante os meses de agosto e setembro. Percibía o xornal de 12 pts. diarias. Permañeceu nese labor uns 10 anos.

Lembramos con agarimo a estampa do patriarca, tenro e falangueiro, neneiro e un tanto soñador, servizal… Vixiante a bordo da lanchiña de remos “Marita”, nas súas expertas mans estaba a seguridade dos bañistas, para o que contaba cuns salvavidas na beiramar, colocados nunha especie de capeliña, rodeados por unha corda e unha inscripción que decía: “¡Respètame! ¡Puedo salvarte la vida!”

De vello chegoulle a Castiñeira o recoñecemento á vida dedicada ó mar en forma dunha homenaxe e a Medalla de Mérito ó Traballo.

O seu pasamento producíuse o ano 1958 aos 78 de idade.

(Suso Fernández é Cronista Oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES