Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Comisións parlamentarias

miércoles, 06 de septiembre de 2006
O que mellor reflicte o traballo dun Parlamento é o marcador electrónico que, ó remate de cada votación, sinala o resultado numérico, producto da votación dos membros presentes, que se o asunto é verdadeiramente importante coincidirá co reparto de forzas políticas na Cámara.

Por eso non hai máis sorpresas que a das ausencias que poden alterar resultados previsibles, pero de ordinario nada vai perturbar a tranquilidade da institución, establecida a comezos de cada lexislatura.

Así, as comisións parlamentarias informativas que a oposición pretenda crear poden nacer, medrar, reproducirse ou extinguirse que, fóra das florituras hacia os medios informativos, nada extraordinario van producir. Eso pasou coa do Prestige, aberta, pechada ou entreaberta. Eso pasa coa non nata dos incendios forestais, que o PP pode pedir ós catro ventos, pero un voto máis da conxunción Psoe-Bng non vai permitir constituíla.

Parece que fose momento de tratar dos incendios no Parlamento, precisamente cando os lumes volven con toda a forza. As razóns poden ser as que di Touriño: os incendiarios, o clima, a herdanza, o sistema e quen sabe cantos factores máis que todos temos in mente, e algunha máis que supoñíamos coñecería o Presidente por ter información máis privilexiada que a nosa, derivada de ter na súa man os resortes dunha poderosa administración fortemente intervencionista, con todo ó alcance da man do goberno.

Pero nin se nos di nada que non saibamos, nin haberá comisión de investigación. O único seguro é que sempre teremos incendios, alomenos mentras haxa monte que queimar.

Os políticos seguen a teimar pola Comisión de investigación. E logo, ¿serán tan inocentes como para crer que vale para algo?.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania