Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O noso corazón necesita amor

jueves, 10 de diciembre de 2015
Coñezo moi boas persoas.
Teño a sorte de estar rodeda por persoas de moita talla.

Tamén é certo que sempre me ocupei de buscar persoas que me enriquezan, persoas coas que me encontro cómoda porque aprendo moito delas.

Pero no medio do trigo tamén hai xoio, xonza como lle chamamos na miña aldea.
A xonza é unha pranta invasora que trae de cabeza ós labregos porque se ven e se desexan para desfacerse dela.

Cando entra o xoio no corazón das persoas é porque algo moi grave está pasando.
Uns si e outros, tamén, dicimos que, -no fondo-, todos somos bos: pero os feitos demostran que non sempre é así.

¿Qué pasa entonces?
O noso corazón está enfermo.

Cando falla ese órgano que bombea o sangue por todo o corpo, imos ó cardiólogo e sometémonos ó tratamento correspondente porque sabemos que se o motor falla, acábase a vida.

Cando o noso corazón espiritual está enfermo, ten manifestacións moi raras:
-Non está feliz co que ten.
-Non encontra acougo.
-Sente envexas.
-Acumula rencores
-Anda de mal humor.
-Obra con desconfianza.
-Etc, etc…

¿Qué lle vou dicir eu que vostede non saiba?

O medicamento que precisa un corazón enfermo espiritualmente, non o venden en ningunha farmacia, porque –de momento- aínda no apareceu ningún laboratorio farmacéutico que o fabricara.

O medicamento que precisa un corazón con enfermidade espiritual chámase: “AMOR”
O noso corazón psíquico, o noso ser interno foi creado por amor e para amar.

¿Hai algo máis bonito que amar?

Amar produce unha riqueza inmensa:
-Ensancha o corazón.
-Abre fronteiras.
-Mellora a comunicación.
-Establece relacións amistosas entre as persoas amadas.
-Alegra a vida.
-Dálle sentido á vida.

¿Hai algo máis bonito que sentirse amado?

-Sentirse amado dá confianza nun mesmo.
-Mellora a autoestima.
-Eleva o espírito.
-Axuda a leva-la vida con optimismo.
-É un apoio imprescindible nos momentos duros da vida.

Pero…As noticias dinnos que no mundo hai moito odio.
Se hai odio, é porque hai desamor.
Temos que reflexionar sobre as consecuencias do desamor.
Necesitamos reflexionar como colectivo.

Moitas veces dicimos:
“Ë a sociedade que nos fai así”

Pero: ¿Quen é a sociedade?
¿Non somos vostede, e máis o veciño do lado, máis o de máis adiante, máis…, mais eu?

¿Cómo poderíamos facer para recupera-lo amor entre os humanos?
Non debe ser nada doado cando as cousas van como van. Pero, vostede e máis eu, non podemos claudicar.
No mundo aínda queda moito “trigo limpo”, moitas persoas que loitan con tódalas súas forzas para sementar amor por onde queira que vaian.

Esas persoas –entre as que se encontra vostede e penso que eu tamén- temos que tomar conciencia de que podemos repartir moito amor ós que nos rodean:

-Non importa que nolo merezan ou non.
(Ó mellor nós tampouco o merecemos sempre e máis hai persoas que nolo dan desinteresadamente)
¿Certo?

-Tampouco importa que nolo devolvan.
Cando temos para dar é porque nos sentimos satisfeitos co que temos e aínda nos sobra algo para repartir con outras persoas que teñen menos que nós.

Hai que recuperar aquelo que tantas veces oímos os que peiteamos canas:

“HAI QUE FACER BEN SEN MIRAR A QUÉN”

Eu oín esto moitas veces na miña infancia.
Daquela pode que non lle entedera o verdadeiro significado, pero a día de hoxe si.
A vida é moi boa mestra.

Facer ben e esquecerse de que se fixo.
Esquecerse para toda a vida.

A razón é ben sencilla:
Bástanos saber que o mundo necesita amor.

A INFANCIA NECESITA AMOR:
(Non só os do terceiro mundo…)

-Moitos nenos das nosas casas están necesitados de amor porque os pais non lles dedican tempo.

-Outros, porque os enchufan á televisión para que non molesten.
-Outros, porque os cargan de regalos polo “cumpre” e non lles explican o que significa que a vida che regale un ano máis de vida, poder celebralo en familia, estar todos xuntos…

¿Qué pasaría se faltara alguén?
Chegará o día en que alguén faltará…
¿Por qué non aproveitamos mentres estamos todos?

-Outros porque lles prometen agasallos para que aproben cando o que terían que facer é educalos na responsabilidade do deber cumprido.
Teñen que aprobar porque é o seu deber para labrarse un bo futuro.
Os agasallos son secundarios.

-Noutros casos confúndese un sacramento como pode se-la Primeira Comunión cunha festa mundana onde o que destaca é o materialismo e o consumismo.

¿Onde queda o valor do Sacramento?
¿Pode ser esa a razón pola que se abandoa ó día seguinte?
¿Non estaremos educando para que se excravice para conseguir cantos máis bens materiais mellor?
¡Cantas persoas van pola vida coa alma baleira!

A XUVENTUDE NECESITA AMOR.
-Porque a época que lle toca vivir non é nada doada.
-Porque a xuventude de hoxe en día necesita mirar con lupa por onde vai.

A ETAPA ADULTA NECESITA AMOR:
-Porque soportar con paciencia os peso de cada día xa é todo un éxito.
-Neste momento histórico todo é moi cambiante.
Se o amor non une á familia, esta desvanécese e a sociedade derrúmbase.

OS ANCIÁNS NECESITAN AMOR:
-Porque a vida pasa factura.
-Porque a saúde resíntese.
-Porque se non o reciben a esta idade, non o vai a recibir nunca.

TODOS NECESITAMOS AMOR.

Soamente con boas doses de amor, podemos poñer remedio a tantos males que debemos enmendar.
De nós depende.

“DE NÓS, DEPENDE”

Este será o título do vindeiro artigo.

Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES