Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Merendiñas

martes, 05 de septiembre de 2006
A Xunta de Galicia estaba aínda nos seus primeiros tempos, e todo se inventaba ou se improvisaba.

O presidente chamábase Xerardo Fernández Albor, e nos mentideiros políticos deron en chamarlle “O Merendiñas”, pola súa vocación populista, pola súa presencia en numerosas festas gastronómicas das que afortunadamente existen a centos no País.

O certo é que non ía a menos nin máis que calquera outro político. Pero daquela non había moito con quen comparar.
Logo veu Fraga coa súa arrolladora personalidade e presencia, enchendo as presidencias de milleiros de actos, especialmente de festas nas que predominaba a terceira idade, acreditando que a veteranía na política tamén era estimada como un grado polos membros máis veteranos da nosa sociedade.

Se Fernández Albor cargou co nome entonces despreciativo, Fraga recibiu numerosas críticas dos seus opoñentes políticos pola presunta utilización políticas das festas da terceira idade, por – esa era a acusación- utilizar os vellos con fins políticos.

E agora, Quintana. Da súa Vicepresidencia dependen a mocidade e a terceira idade, o turismo e a cultura, o medio rural e a vivenda… Visto así parece que teña tódalas áreas do goberno dun pais rural, envellecido, emporio turístico, que aspira á modernidade.

A súa vicepresidencia creou a campaña “Lecer para os nosos maiores”, que ven darlle nome moderno ás tradicionais festas da terceira idade, e na que Quintana se mergulla coa seguridade dun político veterano, e a fruición de quen sabe que a terceira idade vota conservador, ou sexa, por quen manda.

O Carballiño, Vilalba e Melide son tres batallas gañadas. E non só preocupan á oposición do goberno da Xunta, senón que un militante tan destacado como o Secretario provincial do Psoe na Coruña – seus socios de goberno – ven de dicir que o comportamento de Quintana lembra a “propaganda e clientelismo” de Manuel Fraga. Duras palabras para vir dun amigo polítio. Haberá que escoitar ó PP.

Os políticos deben mergullarse entre as multitudes. Hai Alcaldes que axudan a levar a compra a algunhas mulleres. Pero é moi doado cruzar a finísima liña que separa a virtude do exceso.
E a liña para Quintana non está no mesmo lugar que para os seus socios de goberno. Porque a eles non lles gostan as merendiñas.
¿Non?.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania