Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

1948 sen data fixa

miércoles, 09 de diciembre de 2015
Acordóuseme estes días reflexionar sobre aquela data certeira do 10 de Decembro de 1948 e de novo foi inevitable lembrar as continuas violacións que sufriu e sofre a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Non me refiro só ás flagrantes, tamén ás encubertas porque dalgunha maneira estamos a construír un sistema individualista no que quen pode chega e quen non...

O perigo deste sistema é evidente e xa son moitas voces alertando de que o individualismo só xera desigualdade e a desigualdade é un río que sempre desemboca no mar negro da exclusión. O dito é unha obviedade que se materializa día a día en moitos fogares que non teñen como alimentar aos seus meniños e mesmo en familias que perden a casa. Cando isto e outras cousas (como o deterioro da protección sanitaria debido á falta de inversión) están a acontecer semella unha frivolidade falar desta data como algo xa consolidado. Todos sabemos que a Declaración non é universal aínda que si é universalizable, isto significa que temos que loitar pola súa expansión pero nesta loita nós debemos de ser un exemplo nidio e escrupuloso do seu cumprimento. Ser un exemplo require coidar á cidadanía por riba de todo (incluso de compromisos políticos), xa que o primeiro compromiso debería ser o benestar da cada persoa e o seu acceso ao futuro.

Cumprir os Dereitos Humanos é facer un exercicio de interdependencia e empatía buscando o xeito de saír da crise como pais: sen distincións entre a cidadanía, aproveitando a situación límite para aprender do devir histórico e creando coñecemento para o futuro.

Mañá é o día de pensar que a Declaración de 1948 retrata un mundo que se nos está a escapar das mans co desmedido avance do individualismo e do utilitarismo; polo tanto é tempo de reflexionar e decidir os valores que queremos abrazar: os de1948 fálannos de solidariedade, cooperación e interdependencia; os do mundo que nos pretenden impoñer de escalar, medrar a costa do que sexa e ser máis que os demais (por suposto neste modelo o fracaso é un sambenito que nos incapacita para o propio porvir). De novo trátase de elixir entre cooperar ou competir. A elección é libre pero teñamos en conta que nela construiremos unha escala de valores ou a contraria. Non teño dúbida: voto por cooperar.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania