Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Operarse por oficial

lunes, 04 de septiembre de 2006
Antes, nos estudios, ou ías por oficial ou por libre. Por oficial, nos centros rexidos e sostidos pola Administración. Por libre, nos centros de promoción privada, sostidos polos pais dos alumnos.

Por oficial ían libremente os que vivían na capital da provincia, e os que podían soster os seus fillos en aloxamentos lucenses. Por libre, os do resto da provincia con economías de menor posibilidade.

Á inversa, ían ós centros da Seguridade Social os que non podían costearse un médico e unha medicina privada, sempre menos masificada, sempre mellor atendida, sempre máis humana.

Pero os tempos cambian. E hoxe o ensino oficial democratizouse e en tódolos concellos hai como mínimo un centro de ensino oficial de Básica, e cada dous concellos un de ensino medio, de xeito que o acceso gratuíto á educación é un dereito que se pode exercer e o ensino privado está tamén concertado co que pouca crítica cabe ó estado da situación.

E na sanidade, o nivel de atención, de amabilidade, de profesionalidade mellorou tanto que hoxe a cobertura da Seguridade Social é case total, e o único que cabe criticar é o retraso que se rexistra na atención dos necesitados de atención especíalizada ou de intervencións cirúrxicas.

E nesto que, a comezo do verán, a Consellería de Sanidade fai público que cando para reducir as listas de espera ofrece ós enfermos operarse na sanidade privada o noventa e nove por cento rexéitao. De 3.000 persoas ás que llo ofreceron só aceptaron 24.

¿Ninguén quere operarse por libre?. Se así é, non cabe dúbida que moito ten avanzado esta sociedade nosa, moito ten avanzado o servicio público para ser preferido ó privado. Pero non hai que esquecer o mérito que a todos nos corresponde por financiar coas nosas aportacións as bases públicas de convivencia que veñen ser os servicios esenciais.

Os servicios de saúde privados téñense convertido en auxiliares dos públicos, colaboradores necesarios, que suplen carencias. E seguro que hai instrumentos técnicos para medir calidades e resultados.

Que a intuición dos galegos lles di que a sanidade pública chegou a un nivel moito máis que aceptable, ¡noraboa”. Pero que eso non permita á Consellería de Sanidade a autosatisfacción. As miras teñen que estar postas moito máis lonxe.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania