A Bicha
Cardalda, Theo - martes, 08 de diciembre de 2015
Desde o Preguntoiro: A Bicha
Cada vez que vexo os xornais, as televisións dan gañas de fuxir ata Pernambuco e no volver aínda que te coman as serpes no Amazonas. Soamente ollar a eses mamporreiros da subcultura o Marhuenda e o Inda, dous esperpentos delirantes que fan apoloxía do indefendible. Están a defender o de contar mentiras tralará, imos a contar mentiras tralará, si, iso daquela antiga canción; o fan tan ben que ata eles mesmo crense as mentiras que din e que Mariano é ese grande estadista que necesita Europa.
As mentiras de Mariano e o PP son a mellor cousa que fixeron e fan. Agora están a falar que ven a bicha, a santa compaña, todo aquilo que non sexa un goberno do PP vai ser un desastre, o caos ata o fin do mundo. Pois Sr. Mariano: eu quero que me ameacen as bichas, que sexa un desastre, o caos e o fin do mundo, máis do que fixeron de mal nestes catro anos, coido que sobrevivirei a ese Apocalipses que anuncia, pois o de larapetas, bodallocas e o que mellor saben facer nese partido. Non quero ese mundo de yupis, jetas e podres por dentro, personaxes baldeiros de contido e valores éticos. Son estes mesmos os que lle aplauden un discurso que si non le a chuleta remata falando do tempo en Meis.
A este home non lle teño medo, o que si me preocupa que o saqueo que poida vir para este país cunha dose máis aumentada. Ou sexa, outros catro anos marianos de destrución do público, privatización da sanidade e ensino a outros amiguetes, recortes, austeridade e remate do peto das pensións que xa leva máis da metade. Que conste que este Sr. De Pontevedra é a encarnación da mentira mesma.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora