Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

martes, 08 de diciembre de 2015
Escunchar croques. O ruído da televisión non lle deixaba a Ultreia Adiante Suárez escunchar croques. Tiña moito sono, pero aquel ruxerruxe metíase no seu cerebro e non había maneira. Daba voltas na cama, unha e outra vez. Ultreia Adiante erguérase cedo, ás catro da mañá para ir traballar á fábrica de cerámica que estaba a uns vinte quilómetros de onde vivía.. O seu home Nadir Oposto Suave, como estaba no paro, levantábase ás tantas e, claro, despois, pola noite, non tiña présa ningunha. Poñía a televisión e as noites para Ultreia eran un calvario. Non valía que lle dixera unha e mil veces que lle dera menos voz ou que puxera uns auriculares. Nadir Oposto, O Torto, facía uso do seu alcume e non lle facía caso ningún. Era torto como o demo. El ben sabía que a súa muller quería, debía e necesitaba escunchar croques, pero tan axiña como se escangallaba no sofá, esquecía as necesidades de Ultreia. O peor de todo era que, aínda caendo na conta desas necesidades da muller, el deixaba escapar un sorriso cheo de maldade. Si que era torto. E con querenza, con tendencia ó maltrato. Calquera día a muller durmiríase ó volante.

QUERO SER VINGATIVO

Non quixera ser vingativo, pero teño que ser e quero ser vingativo: oxalá todos os que mandaron e os que mandan no concello de Ourense, xunto cos concelleiros de Obras ou de Urbanismo ou Do Que Sexa tiveran que pasar pola rúa Concello con puntos de sutura nas súas barrigas, nos seus peitos ou onde cadrase. Ían saber o que é bo. Ían saber o que é choutar sobre un coche cando percorre ese traxecto. Agora, para máis aquel, tamén está feito un desastre a rúa Parque de San Lázaro e o inicio da rúa Bedoya, polo menos ata a altura da rúa Valle-Inclán. Nin indo a modiño se pode evitar que o vehículo se bambee para todos os lados. Non se pode evitar que o familiar que levas ó lado se queixe porque os puntos de sutura están a piques de rebentar. E por iso, tampouco podes evitar (asegúrovos que non o evito) o lembrar ós correspondentes responsables (e en parte das súas familias) por ver e sentir o calvario que padece o acompañante. Si, xa sei que se aprobou o arranxo desa viacrucis, mais cando o leven a cabo xa é noite. Hai un bo tempo diso e aínda non hai asomo de que se inicien as obras. Así é que, primeiro, aínda toca seguir sufrindo. Había que enterrar a uns cantos baixo o pavimento. Non quedou outra que ser vingativo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania