Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xosé Alvilares Moure: In praesentiam

lunes, 07 de diciembre de 2015
Seguramente que non é moi canónico contrapoñer in praesentiam a in memoriam, pero tampouco quixer trazar una lembranza ad usum de Xosé Alvilares, máis ben, intento estar con el, escoitalo. Con esta finalidade boto man dalgúns pensamentos e palabras de seu, espallados nos seus escritos. Recoñezo que facelo co rigor e profundidade que merece esixe espazo, tempo e capacidade. Non é agora o caso.

Se viaxamos un pouco no tempo e nos imos aló ao ano 1969, naquela incitante publicación “¿Proceso a la Iglesia gallega?”, nas primeiras páxinas, despois de interrogarse pola obxectividade das críticas que na literatura galega se fan á Igrexa, xa conclúe: “en cualquier caso, tales críticas han de ser asumidas por los cristianos en el espíritu de permanente conversión al evangelio, que ha de animar a la Iglesia”. Máis adiante, citando á Gaudium et Spes, recorda que a misión da Igrexa é continuar a obra do mesmo Cristo, dar tetemuño da verdade, que no pensamento bíblico, é algo que se realiza ao existir na sinceridade,ao estar plantado e medrar na verdade. Esta verdade da Igrexa sobresae en dous aspectos: salvar, non condenar, servir, non ser servida, pois, unha Igrexa que non sirva non serve. A Igrexa non é un fin de si mesma, senón medio de salvación para a humanidade. Estes presupostos son o resumo da eclesioloxía e ao tempo o programa vital que moveu e comprometeu o existir de Xosé Alvilares.

Para darse conta dos coñecementos e da bagaxe cultural de Alvilares abonda con botar una ollada á súa biblioteca, nela encontraremos obras do máis selecto de literatura, de historia, dos sistemas do pensamento filosófico e teolóxico. Todo debidamente peneirado desde un punto de vista fondamente cristián conformaba o corpus doutrinal que Alvilares quería que se reflectise na vida das sociedades. Exemplo disto pode ser una obra que el consideraba de ocasión, “Dignidade e indignidade da Política. (Epístola moral a un fiscal amigo)”que partindo da realidade política provincial de Lugo sinala problemas que desgraciadamente son moeda común na democracia española actual e que estalaron escandalosamente nos últimos tempos.

A Alvilares témolo connosco na súa obra, sempre con amenidade e fondura, sempre virá ao noso encontró coa teima da honestidade, da verdade e da sinceridade necesaria en calquera sociedade. Alvilares non evade esa especie de función profética, analiza a realidade desde un punto de vista ético, aínda que calar resultaríalle moito máis doado e rendible. Os inimigos de Alvilares non son as persoas, son as condutas, os comportamentos que destrúen a dignidade das persoas e dos pobos.

Non se pode esquecer que Alvilares é un místico, é dicir, unha persoa dunha fonda experiencia interior, capaz de entusiasmarse cos poetas e cos filósofos, e sobre todo, coa verdade.
Pin Millares, Xosé María
Pin Millares, Xosé María


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES