Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Esperpento no propio fútbol

lunes, 07 de diciembre de 2015
Unha vez máis hai que sacarse o sombreiro ante Valle-Inclán por ser o gran descubridor ou o gran publicista do esperpento. Porque hai que recoñecer que somos un país esperpéntico. E polo que se ve o tal esperpento alcanza a todas as profesións ou actividades habidas e por haber. Chega ata o propio fútbol. Caso Cheryshev. A un equipo como o Real Madrid.

Eu entendería que fose un despiste se acontecera nun equipo modestiño onde, por exemplo, é o propio presidente o que se ten que encargar de todo, ata de zurcir ó mellor as medias dos xogadores e non pensaría en se algún xogador ten ou non tantas tarxetas amarelas. Pero que todo un Real Madrid non saiba da misa nin a metade, iso xa é máis que esperpento. Pois aínda así, algúns sóbense polas paredes ante a eliminación do equipo branco da Copa do Rei.

Coincidiu de que esa mesma noite vin un cacho de faladoiro na televisión sobre o acaecido e ese… periodista? chamado Roberto Gómez pedíalle consideración ó Cádiz para que non denunciase a aliñación do xogador madridista. A can fraco, todo se volven pulgas; non chegaba que lle marcara gol un que non podía xogar, senón que, segundo Gómez, cómo vai quedar eliminado todo un Real Madrid por culpa dun simple despiste. Para un servidor, que ben fixo o equipo andaluz… sacou tallada co Madrid e, se ten sorte, pode sacar outra se lle toca outro grande. Para unha vez que pode soñar esperto…
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES