Pepe Balbino Neira Vilas
Otero, David - lunes, 07 de diciembre de 2015
Con Balbino
escoito AI AMOR
e sei que nunca nos has faltar
Pepe
e sei que vas xunto dela,
ela
a señora da doce palabra,
a compañeira da maior mornura
e que tanto precisabas (e digo ANISIA).
ELA
a firme militante na humanidade
hoxe creme
está feliz
e acóllete no seu niño de amor
e vida sempre,
pois o abrazo faise eterno
a benvida sen medida
e a lambetada faise sempre compartida.
AI AMOR
!
( será o que resoe intensamente
ata os límites de quen somos,
reducindo todas as lonxanías)
AI AMOR
!
tráevos a nós
e será o dicir sen paro,
o voso dicir sen paro.
AI AMOR
!
tamén será o sentir que nos une
a tanto afecto.
Tamén será a palabra.
AI AMOR
!
será o bico
que vos eterniza en nós
nesta nosa memoria desexada
AI AMOR
!
xa vai con nós
neste ando,
a pasos de teimosa loita
sen renuncias
AI AMOR
!
será o latexar que nos una.
E velaí tamén será
unha bandeira.
Otero, David
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora