Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

jueves, 03 de diciembre de 2015
Hai que ter mala sorte. Queda o escornabois cruzando a beirarrúa e un lóstrego atravesa a conciencia dun mosquito. Hai que ter mala sorte. Mentres un neno baila segundo canta, o lobo arrampla cunha ovella que pacía no lameiro de Luis, O Pringrado. Pobre ovella. Hai que ter mala sorte. Acouga a albarda no lombo do burro e o feixe de ferraia está á espera de que o abrace a musculatura de Sandino, O Diosdado. Mais xusto cando deixaba caer o feixe sobre unha angarela, esta cedeu co peso e, a outra, viaxou á velocidade da luz cara á fronte do Diosdado. O retumbar foi glorioso, coma un trono, e soou a oco. Sandino caeu fulminado. Hai que ter mala sorte. Vai o asubío nos beizos da moza con minisaia branca e uns ollos masculinos seguen o bambán, o baile das nádegas. A ansiedade é tanta que o saído optou polo máis sinxelo: lanzar as súas mans a aquel traseiro tan ben feito que, ó instante, o sorriso volveuse sangue cando o puño do paraugas que levaba a moza percorreu aqueles centímetros que había ata a boca do home nun santiamén. O santi para petar nos dentes do saído e o amén para correr o sangue a cachón. Hai que ter mala sorte

ENSINANDO EDUCACIÓN

Bo día teña vostede. Igualmente, señor. Que tal pasou a noite? Ai, moi ben; moi amable. É vostede moi educado. A culpa élle dos meus pais, sabe vostede? Sempre me ensinaron unha boa educación. Ai fillo, sé educado. Trata sempre ós maiores de vostede. E nunca lles contestes de mala maneira. Se entras a un sitio onde hai asentos ou cadeiras, cédellos a quen lle custe estar de pé. Se coincides na porta cunha muller ou con maiores, ábrella e cédelles o paso. E mais cousas que xurdan sobre a marcha. Pois si que o ensinaron ben. Grazas, señor, é vostede tamén moi amable. Quere vostede un café? Invítoo de corazón. Ai, por Deus, neno; pero que ben educadiño me es! Mira, pois só por iso, son eu o que te invito. A ver, camareiro, ponlle aquí un café a este mozo! Que o ten máis que ganado. Cale, cale, que me vou poñer colorado. Sabe que é un pracer falar con vostede? Facemos o que podemos. Ás veces non temos con quen falar e cando nos atopamos a alguén coma vostede, espraiámonos un chisco. Pero a min non me trate de vostede, que aínda son un neno. É que os meus pais tamén me ensinaron moita educación. Xa se ve, xa. Veña, boa noite. Igualmente, señor.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES