Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á boa fe, todo medra

jueves, 03 de diciembre de 2015
A min educáronme para actuar con boa fe, é dicir, para ir de boa fe pola vida.
Tocoume de medrar nunha familia na que cadaquén facía todo o posible por colaborar ó benestar global.

Pasaron os anos e a vida foime dando leccións.
Non se respira ese ambiente en tódolos sitios

Moitas veces me teño sorprendido polo que vexo, polo que oio ou polo que experimento na miña propia carne.
A veces ata teño recibido golpes por pecar de boa fe; pero a verdade é que non dou escarmentado.

Eu necesito vivir en paz e para eso debo confiar nas persoas aínda que a veces non entenda moi ben o seu modo de proceder.

¡Somos tan diferentes!

Admiro a bondade das persoas que teñen o corazón a flor de pel.
Son persoas que actúan con limpeza de corazón.
Maniféstanse tal cual son.
A súa alma parece transparente.
Non teñen nada que ocultar porque van pola vida cargadas de boa fe.
A súa vida persoal e familiar funciona bastante ben.
Adoitan ser persoas exemplares.
Son persoas ricas a nivel individual, familiar e social.

Independentemente do seu estatus económico…
A súa riqueza está principalmente no seu bo proceder.
Cando se procede con honradez, os bens económicos tamén son suficientes para levar unha vida digna.

Este tipo de persoas saben coidarse a si mesmas, cultivándose a tódolos niveis:

-Traballan duro e honradamente para gañarse o pan de cada día.
Na súa casa o pan nunca falta.

-Manteñen a lingua á raia.
Cando non teñen algo positivo para decir, prefiren gardar silencio.
Ni falan mal dos demais nin dan que decir.
Son discretas.

- Evolucionan cos tempos, adaptándose constantemente á actualidade.

-Saben coidar da súa familia amándose con ternura mantendo a orde necesaria para que todo funcione ben e conservando os valores dos seus antepadados.

-Contribúen ó ben social, porque están prestas colaborar alí onde ven que poden ser de utilidade; tanto na vida familiar, como na laboral e tamén na social.

-Á hora de dar, dan con largueza.
Dan moito e sempre teñen moito.
Para elas o o feito de poder dar xa é unha riqueza.

-Á hora de pedir, piden o xusto, ou non piden.
Nunca abusan dos outros.
Gustan máis en servir que en ser servidas.

¿Imaxínase como sería o mundo se todos fóramos persoas de boa fe?
¿Habería violencia de xénero?
Non, claro que non.
Pero haber haina e cada día máis.
¿Por qué será?
Porque actuamos de mala fe

¿Habería discordias entre parentes na convivencia cotiá?
Non, claro que non.
Pero hainas.
Se as paredes falaran…
¿Por qué será?
Porque actuamos de mala fe.

¿Poñeríanse cambadelas para que os outros tropecen e caian?
Non, claro que non.
Pero uns máis e outros menos atopámonos con obstáculos a miúdo que nolos poñen a calquera hora e quen menos pensamos.

Atopámonos con demasiados problemas no día a día. Problemas innecesarios e nada aconsellables.

¿Por qué habemos de crear máis problemas que os que vida nos pon?

¿Non hai é abondo con ter que madrugar, traballar de sol a sol, privarse de mil e unha cousas para chegar a final de mes, etc, etc...?

As noticias bombardéanos con situacións cada día máis arrepiantes.
OS NOSOS NENOS DEBEN PENSAR QUE ESO É O NORMAL PORQUE NON VEN NIN OEN OTRA COUSA.

Din que os costumes fan leis, pero neste caso, eu penso que son situacións que por moi habituais que sexan non poden considerarse legais porque non producen ningún beneficio a ninguén.

Temos que recuperar-la boa fe.
Temos que re-educarnos empezando cadaquén por si mesmo.

Temos que reconducir o noso modo de proceder por varias razóns:

-PORQUE SE FACEMOS MAL ÓS OUTROS ESTÁMONOS AMARGANDO A VIDA COMO COLECTIVO.

-PORQUE PRECISAMOS DEIXARLLE UN MUNDO HABITABLE ÓS QUE VEÑEN DETRÁS.

-PORQUE A NOSA VIDA É MOI CORTA E TEMOS QUE APROVEITALA PARA SER O MÁIS FELICES QUE POIDAMOS.

-Porque o noso corazón o que precisa é amor.

“O NOSO CORAZÓN PRECISA AMOR”

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por ser unha de tantas persoas de boa fe que circulan pola vida contribuíndo a construcción dun mundo mellor para todos.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES