Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A forzada dimisión de Cancio

viernes, 01 de septiembre de 2006
O Delegado da Consellería de Pesca na provincia de Lugo, o socialista Jaime Cancio, con sede administrativa do Porto de Celeiro, en Viveiro, ven de presentar a súa dimisión porque no decurso da súa actividade como Delegado mandou –acompañados de comunicacións oficiais- currículos de demandades de emprego a empresas posibles empregadoras.

Primeiro a Conselleira de Pesca e logo o Presidente Touriño tomaron cartas no asunto, e vese que obrigaron a Cancio a presenta-la dimisión do seu cargo, non xa polo envío en sí senón polo coñecemento público deste envío.

Que alguén mande un currículo a outra persoa, non é nada extraño. Que ese alguén sexa un cargo público e o destinatario un administrado require xa certas condicións, entrelas a verbalidade porque as palabras seguen sendo etéreas e delas non queda constancia a menos que algún artiluxio electrónico as conserve para posteriores utilizacións.

Para facer chegar os currículos a onde corresponda hai numerosas canles sen utilizar ós políticos coñecidos ou dispostos a colaborar. Para eso están os Servicios oficiais de Emprego, e mesmo mecanismos en internet para facilitar a relación entre empresas e traballadores, un deles o portal de Emprego de Galicia Dixital (www.empleogalicia.info), aínda que á Consellería de Traballo –en concreto, á Dirección Xeral de Formación e Colocación- lle moleste que haxa tantos.

En fin, que Cancio pecou de inocencia na súa xestión, coidando que era xusto e bo facer chegar as peticións que recibía ós que mellor podían atendelas.

Se as fixese chegar de palabra, non pasaba nada. Se mandase fotocopias cunha tarxeta e unha aperta, tampouco. Fíxoo con escritos oficiais, e con naturalidade. E paga duramente as consecuencias. As formas, máis ca o fondo, seguen a ser importantes.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES