Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Santuario do Cebreiro (3). Etnorituais e ofrendas.

jueves, 03 de diciembre de 2015
Lenda sobre o santuario do Cebreiro. o santo milagre.
A sona do Cebreiro debeuse sen dúbida ao Santo Milagro, que os peregrinos que viñan a Santiago encargáronse de espallar polo resto de Europa. A maioría de autores coincide en manifestar que este evento tivo lugar nun tempo cercano ao comezo do século XIV. Non embargantes, algún autor aporta unha data concreta. Así o pensador Antonio Rodríguez Rodríguez afirma que, segundo a tradición e a lenda, no templo de Santa María a Real do Cebreiro gárdase o viño, que foi convertido en sangue no ano 1212, no interior dunha redoma de cristal. Tamén hai quen situa o milagre no século VI, baseándose nunha acta do Concello de Lugo,onde se mencionaba que o privilexio da exposición permanente do Stmo. Sacramento da Eucarística data dese século. De todos os xeitos o primeiro dato histórico sobre este acontecemento procede da “bula pontificia” de Inocencio VIII no ano 1487, na que describe o milagro e fai alusión ao estado ruinoso que amosaba o Cebreiro. Logo, no ano 1496, Alexandre VI fai mención tamén ao milagro e refire que xa se conserva con toda decencia.

Ao longo da historia houbo unha serie de escritores que narraron o Santo Milagre dende diferentes ópticas mais sen alterar a súa idea esencial. Así citamos ao Licencido Molina (1550), a Ambrosio de Morales (1513-1591), a Fr. Yepes (comezos do século XVIII). Tamén ao peregrino Doménico Laffi, ao Pelegrino Curioso, Leandro Carré (1888-1976), etc...

Un das testemuñas clásicas e que máis datos aporta sobre o Milagro do Cebreiro é a de P. Yepes, cronista benedictino. Alude ao Milagro da seguinte maneira:

“…Cerca de los años de mil e trescientos había un vecino vasallo de la casa del Zebrero, en un pueblo que dista media legua, llamado Barjamayor, el cual tenía tanta devoción con el santo sacrificio de la misa, que por ninguna ocupación ni inclemencia de los tiempos recios falta de oír misa. Es aquella tierra combatida de todos los aires, y suele cargar tanta nieve que no sólo se toman los caminos, pero se cubren las casas, y el mismo monasterio, iglesia e hospital suelen quedar sepultados, y allá dentro viven con fuegos y luces de candelas, porque la del cielo en muchos días no se suele ver y si la caridad (a quien no pueden matar ríos ni cielos) no tuviese allí entretenidos a los monjes para servir a los pobres, parece imposible apetecerse aquella vivienda. Un día, pues, muy recio y tempestuoso lidió y peleó el buen hombre y forcejeó contra vientos, nieves y tempestades; rompió por las nieves y como pudo llegó a la iglesia.
Estaba un clérigo de los capellanes diciendo misa, bien descuidado de que en aquel tiempo trabajoso pudiese nadie subir a oír las misas. Había ya consagrado la hostia y el cáliz cuando el hombre diciendo: - ¡Cuál viene este otro con una tan grande tempestad tan fatigado a ver un poco de pan y vino!- El Señor, que en las concavidades de la tierra y en partes escondidas obra sus maravillas, la hizo tan grande en aquella iglesia, a esta sazón, que luego la hostia se convirtió en carne y el vino en sangre, queriendo su Majestad abrir los ojos de aquel miserable ministro, que había dudado, y pagar tan gran devoción como mostró aquel buen hombre viniendo a oir misa con tantas incomodidades. Estuvieron mucho tiempo la hostia vuelta en carne en su patena y la sangre en el mismo cáliz donde había acontecido el milagro, hasta que, pasando la reina doña Isabel en romería a Santiago y hospedándose en el monasterio del Cebrero, quiso ver un prodigio tan raro y maravilloso, y dicen que entonces, cuando lo vió, mando poner la carne en una redomita y la sangre en otra, adonde hoy día se muestran…En el mismo cáliz, que hoy día se conserva y muestra, está todavía la señal de la sangre, y todas estas cosas se sacan en procesión el día de Corpus y los de Ntra. Señora de agosto y de septiembre, en los cuales acude mucha gente por gozar del milagro y de las indulgencias…”.


No intre actual e dende a miña perspectiva unha reactualización do relato, seguindo á tradición, quedaría reflectido da seguinte maneira:

“A tradición fai referencia a que preto dos inicios do século XIV un monxe do mosteiro esta oficiando a misa diaria na humilde igrexa do Cebreiro. Agás os domingos e días festivos, ninguén adoitaba acudir a oir a misa. Polo tanto, o crego estaba afeito a cumprir o seu labor sen fieis, e máis ese dia que habia unha forte treboada de neve. Cal sería a súa sorpresa, cando xa iniciado o ritual, chegou un home do lugar de Barxamaior, parece ser que da familia dos Santín, que malia o mal tempo reinante desexaba participar na eucaristía. O monxe mirou de cara ao fregués, e, mentres realizaba o acto da consagración, pensaba como podía vir un fregués, co día que facía, a ver como levantaba un anaco de pan e unha copa de viño.
Nese intre, o crego, que amosara tal falta de fe, apreciou como a hostia se convertía en carne viva e o viño se volvía sangue. Mentres tanto, alguén, situado preto do altar, contemplaba o acto da transmutación. Era a imaxe de Santa Maria, que baixaba a cabeza en sinal de veneración. O crego, arrepentido da súa actitude, pediulle perdón ó Señor, mais caeu desvanecido na igrexa. O home, que levaba pouco tempo no interior da igrexa, apresurouse a atender ao crego mais xa non puido facer nada. Morrera.
Logo, os monxes do Cebreiro foron amosando aos peregrinos a copa co sangue, que non coagulaba, e a patena na que o pan volvérase carne.
Tempo despois a raiña Isabel a Católica, cando se dirixía a Santiago de Compostela en peregrinación, hospedouse no mosteiro, e, tras contemplar o prodixio sagrado, donou ao templo as cápsulas, onde aínda se conservan as reliquias do ritual”.


Ademais, a tradición popular menciona que a raiña tentou levar estas reliquias do Cebreiro, debido a que non recibían o culto axeitado. Polo tanto, un bo día saiu a comitiva rexia coas reliquias cara a Castela. Non embargantes, ao chegaren a Perexe, onde había un hospital dependente do Cebreiro, os cabalos detiveronse e non houbo xeito de que continuasen. Isto motivou que deixaran aos cabalos libres para que collesen a dirección que eles considerasen oportuna. Os animais, libres de ataduras, retornaron ás portas da igrexa de Santa María do Cebreiro.

No relato do P. Yepes faise alusión ao lugar de procedencia do veciño, que vai oír misa á igrexa do Cebreiro. Así fala de “Barjamayor”, mais non nos dí nada do seu nome asi como do nome da casa de procedencia. Pola contra nos relatos do século XX en adiante xa se dí o nome do veciño, ou a casa de procedencia. Asi, faise mención a “casa de Santín” ou dise “Juan Santín”. Asi mesmo, mentres o P. Yepes fai mención a tres festividades: a do Corpus; a da Nosa Señora (15 de Agosto); e a da Nosa Señora de Setembro (8 e 9), ás que acudían moitos devotos para ver ás reliquias, que saían na procesión, nas narraccións deste evento tanto no século XX como no actual adoita mencionarse a festividade do mes de Setembro.

Por outra banda, ao longo da historia houbo milagres eucarísticos anteriores e posteriores ao do Cebreiro. A súa finalidade, segundo a época na que tiveran lugar, era a defensa do cristianismo fronte aos cultos precristiáns –considerados como pagáns-; a apoloxía da ortodoxia cristián fronte as herexías imperantes – albixenses, maniqueos, cátaros ...-; a protección da ortodoxia católica fronte á reforma protestante, o que motivou a aparición do movimento contrareformista; a defensa da ortodoxia católica fronte ao laicismo…

O Santo Grial (Graal) do Cebreiro
Na escrita, o termo Grial é de uso inapropiado: xa tanto en francés antigo como en galaico-portugués escribíase “Graal”. Trátase do cáliz que usou Xesús na última cea e no que Xosé de Arimatea apañou o seu sangue, que saía da ferida realizada polo centurión romano Caio Casio Lonxino coa súa lanza, cando Jesucristo pendia da cruz.

Dende o punto de vista literario o mito do Graal comeza no século XII co poema “Parceval” de Chrétien de Troyes, a primeira versión conservada e a que máis influiu no imaxinario colectivo medieval. Non embargantes, as orixes do Graal en Parceval motiva a aparición de dúas tendencias: unha, defendida por Jessie Weston, facía alusión a que nos misterios do Graal había referencias a un conxunto de ritos pagáns de renovación vital da natureza, relacionados con cultos antigos da fertilidade; a outra é sostida por aqueles que perciben que o graal é un símbolo de protección cristián, en suma un talismán. Polo tanto, o fundamento mitolóxico e pagán ten pouca relevancia.

Tamén no século XII, Robert de Boron, borgoñés, foi o primeiro en desenvolver e dar unha interpretación cristián á historia das orixes do Graal, ou Vaso Santo. Case coetáneas ás versións de Chretien de Troyes e Boron, son o Peredur galés, o Perlesvaus francés e o xermano Parzival. O Peredur galés cercano ao prototipo céltico é a única versión que non considera ao Graal como santa reliquia cristián. O Perlesvaus francés recalca o simbolismo cristián do Graal e da procura de Perceval. O Parzival (Parsifal) de Wolfram vom Eschenbach é a versión máis complexa das tres. Amosa a un renovado Parsifal, entrañable e humano; e, tamén nunha constante e desesperada procura.

Este mito quedou esquecido durante longo tempo ata que Wagner utiliza o tema no seu Parsifal (1882). Logo, no século XX, autores como Anxo do Castelo, Huidobro, Arias San Xurxo, e o mesmo Elías Valiña, fan mención de que o Cebreiro co seu Milagro proporcionou a Wagner o tema para a composición do Parsifal. Así, o famoso país de Parsifal é Galicia; o templo indestructible sito na montaña, o Santuario do Cebreiro; e o Grial misterioso, o Cáliz do Cebreiro.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania