Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nova Poesía Guitirica, unha realidade

martes, 01 de diciembre de 2015
O pasado día 2 de outubro se presentaba en público nos actos da homenaxe a Díaz Castro polo XXV cabodano do seu pasamento un grupo de 78 poetas de Guitiriz baixo o título de "Afillad@s de Pepe" a xeito de honra ao poeta do Vilariño e con unha denominación ou cuño definitivo de Nova Poesía Guitirica (NPG). Aquel acto, organizado polo concello de Guitiriz, Xermolos e o proxecto Os Vilares, lareira de soños, supuxo a creación deste grupo poético heteroxeneo no artístico pero homoxeneo na acción.Nova Poesía Guitirica, unha realidade
Lonxe de ser unha iniciativa puntual, estes poetas novos, Luz Campello, Mar Beres, Fátima Fernández, Judiña de Lea, Pas Veres, Xelo Teijido, Xosé Antón Cascudo e Jaki Quintela, viñeron para quedar, e en pouco temoo así o están a demostrar levando a poesía ás igrexas, como se fixo nos Vilares, na igrexa vella de Guitiriz e na capela de San Roque de Sada polo momento en tres propostas con numerosa afluencia de público nesta proposta colectiva que ademáis de escribir, traballa por levar a poesía ao público con novidosos plantexamentos.

Guitiriz, coa sorte de ter un poeta referencial na literatura galega como é Díaz Castro, aposta por coller a súa herdanza e convocar un premio de poesía e aposta pola cultura e a literatura como elemento de futuro, imaxe de marca, naque este grupo poético, xoven e inquedo vai ser trascendental para a consolidación desta aposta.Nova Poesía Guitirica, unha realidade
En tempos nos que a poesía non é rendíble económicamente, demostran a valentía de escribir, publicar e trasladala ao público sin complexos, en actos públicos, en algún caso con acompañamentos musicais atrevidos e dunha maneira natural e divertida, aberta.

A NPG está a traballar xa para levar a poesía a outros lugares e a novos foros, non só igrexas e dunha maneira participativa, implicando aos asistentes aos seus recitais á participación activa, e levar polo país adiante, na compaña de Díaz Castro, outros poetas chairegos e Guitiriz como foco de poesía que da poemas de auga e poetas de pedra nesta Nova Poesía Guitirica á que se lle agarda longa vida...
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES