Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Plan Renove para todo

jueves, 31 de agosto de 2006
Aquello de “renovarse ou morrer”, parece ser levado ó extremo na actualidade, nun tempo no que todo o novo é valorado, e todo o vello -en lugar de verlle a experiencia como ventaxa- parece destinado ó esquecemento e ó faio.

Cando se tratou de vehículos, o Goberno inventou o chamado “Plan Renove”, mediante o que o cambio dun vehículo vello por un novo pasando o primeiro ó desguace tiña unha determinada prima económica, quedando acreditado o nome como apropiado para calquera operación que significase renovación.

O Plan Renove aplícase agora ós electrodomésticos, con apoio económico de 75 a 150 euros para a renovación destes artilugios, acción na que vemos bondade en que, ademáis da renovación e mellora de condicións de vida dos beneficiarios, evitarémonos a aparición destes utensilios nos lugares máis insospeitados como desperdicios.

Un Plan Renove vense aplicando entre o persoal docente desde hai tempo para facilitar que ós rapaces os formen xentes cada vez máis capacitadas, primando a xubilación -mesmo economicamente- dos maiores de 60 anos por estimar que as condicións físicas e anímicas non son tan axeitadas como anos atrás.

Xa postos a eso, tamén parece haber un plan Renove no eido da política, e veteranos políticos son subsituídos por outros quizáis menos experimentados pero que suplen con gañas o que o tempo aínda non lles deu. Para este Plan non se precisan alforxas, alomenos cheas, xa que non hai incentivo capaz de provocar ningún cambio deste tipo, e outros factores son os que interveñen e deciden.

Claro que algunhas renovacións teñen nome asignado, como por exemplo no Ministerio de Industria, que parece debe quedar en mans catalanas para que todo quede atado e ben atado. Non vaia ser que nomeen un galego e lle dea por beneficiar a este país, que abondo ten con ser verde. Renovación sí, pero dentro dunha orde moi ben establecida.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania