Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

martes, 01 de diciembre de 2015
Cos meus tempos pasados. Paso o pano das mans polo nariz e fungo. Teño mocos. Non, non teño catarro. Simplemente que veño de ler, andando, e ó mellor igual me colleu un chisco o frío. Só un chisco. Porque a temperatura, para ser inverno, é alta. Din que será o último día que teremos estas temperaturas ata que remate o inverno. É igual. Xa non teño mocos. Limpei o fociño. Cun pano das mans. Debo ser dos pouquiños que aínda uso panos das mans. A maioría xa se vale de panos de papel. De usar e tirar. O meu é de lavar, secar e pasarlle o ferro. O mesmo me pasa cos panos da mesa, cos panos de comer. Que os uso de tela e non de papel. Non sei se son un carroza, pero si tradicional, clásico. Almorzo leite cunhas pingas de café e migas de pan ou pan migado. Non almorzo cereais nin nada semellante. A cunca é das de porcelana antiga, de hai máis de 20 anos. Ou 30. Ou 40. Antes de comer o prato quente, como algo de seco. Xa o dicía a miña sobriña na carta que me dedicou. Que se lle vai facer! Deixádeme cos meus tempos pasados.
Café Perla 6 do Campus Universitario de Ourense.

NA ILUSIÓN DUN SOÑO

Tres raios de esperanza habitan na ilusión dun soño. Espero que algún día as bombas sexan e teñan sabor a pantrigo e que as fames sexan a fartura dun arroto que se escapa unha e outra vez. Quero viaxar ós países da fame montado en todas as cores do arco da vella e que cada pinga de orballo se volva desexo compartido na esperanza de todos os días. Deixo caer nun recanto da harmonía a ilusión dun sorriso que corre polas corredoiras desa pel vella que marcan os regos dunha vida sen descanso, sen acougo. Hai versos escritos que debuxan toda unha ansiedade de busca da liberdade, de busca da paz. Que complicado é entenderse entre o bruído, entre o estoupido de catro bombas e o estalido de centos de balas. Que medo dá atoparse coa morte inocente daqueles que non saben o porqué de certas actitudes e de moitas maldades. Non obstante, e a pesar dos pesares, a esperanza segue aí, na ilusión dun soño. Que bonito é soñar esperto. Que bonito sería dar bicos con sabor a pantrigo. Certos personaxes deberían cocer pan no forno das bondades para escapar das súas ignorancias.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES