Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coma se foran virxes

lunes, 30 de noviembre de 2015
Canta rabia me dá empezar un recuncho hebdomadario cunha nova que semella unha trapallada, unha simple anécdota, pero é que, falando claro: deixámonos dar por detrás lingüisticamente! E isto si aínda me dá máis carraxe. É máis, se puidera coller ó primeiro periodista que colocou no papel do seu xornal as palabras ou a expresión “Black Friday”, arrincáballe os intestinos! Non nos chega xa coas que estamos invadidos, senón que, agora, cada palabra inglesa que asoma por estes lares, zas, adoptámolas e reverenciámolas coma se foran virxes. Co fácil que é dicir venres negro!.

Entendería un chisco (só un chisco, pois todo ten tradución nesta vida) aquela palabra difícil de traducir, pero á Black Friday só se lle altera a orde. Venres negro. Así de simple, así de sinxelo. Pois non, non vaia ser que sexamos uns pandorquiños, que non vaiamos cos tempos ou coas linguaxes informáticas.

O tema da “informática inglesa” xa desisto de loitar contra ela. Xa nos abriron tanto o cu que xa nin doe. E métennos o bastón do autorretrato ata as mesmas entrañas, porque queda máis fino Selfie. E tanto!; nin tan sequera hai que usar vaselina. Agora, para máis aquel, mañá, pasado mañá, calquera día destes aparecerá Gloria Lago, a de Galicia Bilingüe, criticando calquera palabriña galega que se usou en calquera aula ou consulta ou xulgado ou supermercado. Que a ver por que se discrimina o castelán. E mentres, o inglés asoballa ás dúas nosas linguas xuntas. Por certo, isto escribino o Black Friday. E dóeme o cu.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES