Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O tren, tamén existe

miércoles, 30 de agosto de 2006
Aínda que pareza extraño, o tren existe. Aínda que levemos anos sen utilizar este medio de locomoción. Aínda que só teñamos conciencia da súa presencia cando a nosa viaxe en automóbil se ve entorpecida por un paso a nivel con ou sen barreira, o tren tamén existe.

¡Que lonxe daquela euforia desatada coa chegada do primeiro tren a Ourense¡. Que lonxe daquela imaxe de progreso que viña sobre dúas vías de ferro. E que mágoa ter chegado a esto.

Certo que vivimos nun país con orografía difícil, que para enlazar coa meseta requiriu e require cuantiosos investimentos para salvar vales e montañas, pero se se quere dispor dun sistema como o tren hai que mollarse e investir.

Tódolos esforzos estiveron aplicados á comunicación por estrada. Primeiro, co Plan Redia, logo coas autovías. E así, xunto cos vehículos cada vez máis perfeccionados, hoxe vemos como unha mágoa que os vehículos non poidan circular a máis de cento vinte kilómetros á hora, de xeito que a viaxe A Coruña-Madrid leva cinco horas cando podía facerse en catro. Os autobuses, pouco máis de seis horas. En tren, medio día.

Cando teñamos o Ave será outra cousa. Pero estas aves desprázanse lentamente. E os actuais trens non superan en Galicia habitualmente os noventa kilómetros por hora.

E sen embargo, o sistema existe, e é válido para outros países que saben que é un dos máis seguros, rápidos e baratos. Aquí non.

Por eso, temos que lembrar de cando en cando que o tren existe. Que debemos achegarnos a el máis ca para enterarnos dos accidentes que ocorren, infinitamente menos por certo que os dos vehículos automóbiles privados.

Moito hai que investir en infraestructura e en maquinaria. E logo, moito que traballar en convencernos de que o tempo do tren non rematou, que segue a ser un factor de progreso, que pode facilitarnos moitísimo os desprazamentos. Sempre que nos respecten como pobo, e nos traten do mesmo xeito que ó resto dos autonomías do Estado español do que, por certo, tamén neste aspecto, formamos parte.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania