Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Residencias para vellos

martes, 29 de agosto de 2006
Hai tempo, parecíanos tema exclusivamente para extranxeiros. Aquí, en Galicia, co sentido familiar que temos non era posible que os vellos tiveran que refuxiarse nunha residencia ou asilo para vivir os seus últimos anos.

O destino dun vello en Galicia era, nas zonas urbanas, convivir coa súa familia se a tiña, e nas rurais resistir en solitario en tanto o corpo aguantase recibindo reconfortantes visitas de fin de semana dos descendentes residentes na cidade ou no pobo.

Pero todo cambia, e parece que aquí o progreso vai medido coas mesmas escalas que outros xa experimentaron. E do mesmo xeito que na Galicia dos últimos cincuenta e primeiros sesenta chamaban a atención os cregos que chegaban do extranxeiro co “clergyman”, tamén esa desestructuración familiar que fóra existe nos está afectando de xeito moi importante.

Que haxa familias que “aparquen” os vellos en algunha institución para irse máis comodamente de vacacións, xa non é noticia. Que esas ou outras familias busquen acomodo permanente a un proxenitor aínda que o seu estado non reclame atencións continuadas, parece camiño usual.

Nestes momentos hai perto de catro mil vellos en residencias de carácter público en Galicia e outros tres mil en lista de espera para os 32 centros existentes, coindándose que as necesidades actuais do noso país están na cifra de 8.000 residentes, que seguirá aumentando porque a nosa idade colectiva está tamén en aumento.

En tempos era unha desgracia ter que ser recluído nunha destas institucións, entón dependentes da caridade. Agora parece a panacea sempre que un non teña unha familia tradicional arredor que o atenda, e sempre tamén que un non queira depender desa familia, que cada caso merece un tratamento diferente por ser todos diferentes entre sí.

Se ten que ser, sexa. Se é a mellor solución para o noso futuro, créense as residencias necesarias e invístase na creación destes centros.

A evolución da familia, desde aquela patriarcal de antano á menos estructurada de hoxe, monoparental, de feito, ou con calquera fórmula habitual, esixe prever todo tipo de situacións futuras que merecen esforzo colectivo. Todo o que se faga nese sentido estará ben feito, aínda que cada un de nós coide que non vai ter que depender desa solución.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES