Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pensando en positivo

jueves, 26 de noviembre de 2015
Voulle facer una confesión:
¡Encántanme as persoas positivas!
Son persoas que teñen tantos ou máis problemas que as outras, pero sempre buscan algunha razón para ve-lo lado positivo da vida e sempre están alegres.
Saben conserva-la serenidade
¡Dá moito gusto estar con elas!
Teñen unha enerxía especial.

Confórmanse co que teñen; e moitas veces non son das que máis teñen.
Pero teñen confianza en si mesmas, na vida e nas persoas. E se son crentes, teñen confianza en Deus, ante todo.
¿Coñece vostede algunha?
Seguramente que é vostede una delas.

Eu coñezo moitas persoas que:
Cando unha oportunidade se lles cerra, xa están mirando a ver onde pode haber outra, porque confían que nalgún sitio debe haber unha oportunidade para elas.
A min encántanme este tipo de persoas.
Eu quero ser como elas.

Se analizo o meu pasado, sempre tiven un “aquel” de confianza no futuro.
Lembro que cando tiña algún problema dicía:
“E mira que casualidade: apareceu a solución cando menos a esperaba”.

O que realmente pasaba era que me conformaba co que a vida me daba naquel momento.
Pero a verdade é que nunca me sentín desesperada.
Agobiada ata o límite, moitas veces, pero desesperada, nunca.
Realmente a vida sempre me foi dando sorte.

Tamén teño que confesar que intentei buscala con tódalas miñas forzas.
Nunca regateei esforzos, nin sacrificios.
Hai que di que non existen as “casualidades”; o que existen son as “causalidades”.
¿Vostede que opina?
Eu pensó que pode que sexa certo.
Unha causa trae consigo a correspondente consecuencia.

Se a consecuencia é boa, significa que aquela causa –positiva ou negativa- foi a chispa que encendeu unha luceciña no teu cerebro para que reaccionaras dunha determinada manera.
As persoas que queremos pensar en positivo, temos que buscar solucións para os nosos problemas, alí onde queira que as haxa.
Porque, xa din alí:
“Haber, hainas: o caso é dar con elas”

¿Por qué unhas persoas as encontran e outras non?

Certo que as circunstancia inflúen; pero en condicións normais quen sabe pedir, recibe.
A quen chama –aínda que teña que insistir- ábreselle.
¿Estará a razón en saber pedir ou en saber chamar?
Pois, pode ser.

Se pedimos luces para que o noso entendemento comprenda o camiño que temos que seguir, pode que cheguemos a conseguilas.
Porque a verdade é que moitas veces: “estamos na horta e non vémo-las berzas”
-Temos cualidades estupendas e non as sabemos explotar:
Pasamos a vida envidiando a sorte que teñen outras persoas e amargámonos a vida en lugar de loitar por mellorala.
¿Non sería mellor que aproveitáramos os recursos propios sen comparármonos con ninguén?

-Temos os bens necesarios na nosa casa e non os sabemos valorar.
Perdemos tempo pensando:
-O meu veciño ten esto ou aquelo e eu non.
- Noutros países teñen o ouro e mailo mouro e no noso…
(Como se non se coceran fabas en todas partes)
¿Non nos daría máis rendemento amañármonos co noso disfrutando do que nos dá a vida?

-Temos bos veciños e non os sabemos aproveitar.
Pasamos a vida censurándoos pensando que así quedamos nós por encima.
¿Non será ó contrario?
¿Non nos produciría mellor calidade de vida se valoráramos e nos alegráramos das boas cualidades das persoas que nos rodean?

-Temos oportunidades para aprender e deixámolas pasar: andamos moi ocupados acumulando bens materiais e desperdiciamos os intelectuais e tamén os espirituais.
¿Non estaremos equivocados?
¿Qué é mellor: ter moito gran acumulado no graneiro ou saber disfrutar do que se ten?
¿Por qué agobiarnos tanto se non sabemos se chegaremos a mañá?
¿Non lle basta a cada día a súa fatiga?

Un sabio dicía que non entedía ó ser humano:
Primeiro gasta a saúde en acumular riquezas e despois ten que gasta-las riquezas en recupera-la saúde.
¿Onde está a ganancia?

Cando eu era nena, escoitaba ós maiores:
“Á BOA FE, TODO MEDRA”
Este será o título do seguinte artigo.
Antes de despedirme, quero agradecerlle a súa positividade á hora de “perder” un pouco do seu valioso tempo para le-las miñas reflexiíons sobre a maneira de enfoca-la vida de modo positivo.
Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES