Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Santuario do Cebreiro (2). Etnorituais e ofrendas.

jueves, 26 de noviembre de 2015
Peculiaridades artísticas do recinto sacro

O Santuario do Cebreiro (2). Etnorituais e ofrendas.Respecto ó santuario, hai que dicir que se trata dun templo parroquial prerrománico do século IX, emprazado un pouco baixo terra para protexerse das fortes treboadas que hai na zona. É de planta irregular construído con cachotes de pizarra e sen ventás nos muros.

Consta de tres naves de 18 metros, separadas a cada lado por dous grosos piares de granito e rematadas tanto no interior como no exterior en cabeceiras rectangulares. Estas presentan bóvedas de canon, reforzadas por arcos faxóns, que se apoian en piares tanto no lateral norte como sobre os muros laterais. Posue unha cuberta a dúas augas con cachotes de pizarra sobre unha estructura de madeira. No frontis ten unha torre coa parte inferior formando un porche que amosa catro piares de cachotería e catro vans de medio punto.

No interior do templo encóntrase unha pía bautismal, situada, logo de entrar no recinto sacro, á esquerda. no interior dun pequeño local que a deixa illada da nave da igrexa. Esta pía usouse para o bautismo por inmersión, ritual que comezou a decaer no século XIII.

Na nave norte sobresae a capela de San Bento, adicada a este santo en recordo aos monxes benedictinos, que ergueron y custodiaron esta igrexa dende o ano 836 ao 1853.

No remate da nave dereita está situada a capela do Santo Milagro, que comunica co presbiterio por medio dun arco apuntado e que amosa outros dous da mesma factura, abertos no muro sur para gardar dous sepulcros de índole antropomórfica onde están enterrados o monxe e o labrego, protagonistas do Santo Milagro. Os elementos básicos do mesmo, a saber, o cáliz, a patena e o relicario gárdanse nun bloque monolítico de granito, adosado ao altar da capela lateral sur. Tanto o cáliz como a patena son importantes pezas románicas do século XII, que pasaron ao Catálogo de Arte Románico Europeo.

O cáliz, de pequeno tamaño, presenta un nudo esférico de follaxes calados e unha copa semiesférica. Amosa unha inscrición que, segundo Manuel Rodríguez Sánchez, di así:


Na copa do cáliz:
+ (Cruz) HOC TESTAMENTO SACRATUR
QVO CUN[C] TIS VITA PARATVR.

No pé do mesmo:
+ (Cruz) IN NOMINE DOMINI NOSTRI IESU XPISTI
BEATE MARIE VIRGINIS.

Tradución rimada:
Con este testamento se consagra
(aquello) que a todos vida se prepara.
En el nombre del Señor nuestro Jesu-Cristo
Y de la bienaventurada Virgen María.

A patena é lobulada no seu interior e presenta un sinxelo deseño de Cristo bendecindo, segundo a forma grega.

Ámbos os dous elementos foron presentados na Exposición Eucarística, que se celebrou en Lugo no ano 1896, coincidindo co 2º Congreso Eucarístico. Nela houbo 16 cálices. Tanto o cáliz como a patena aparecen descritos na Crónica do Congreso do seguinte xeito:

“ …Un é aquél do Cebreiro onde se verificou o Milagro, consignado na bula de Inocencio III (1487) de convertirse a hostia en carne, e o viño en sangue, despois de consagrados por un presbítero de pouca fe. É de pequeño tamaño cun nudo esférico de follaxes calados e copa semiésférica coa inscripción: IN NOMINE DOMINE NOSTRI IESV XPI ET BEATE MARIE. La patena que lle acompaña ten no medio de de seis lóbulos refundidos unha mano grabada, bendicindo á grega”.

O relicario foi unha doación dos Reis Católicos, logo do seu paso polo Cebreiro, co fin de que as reliquias se conservasen dun xeito digno. Trátase dunha caixiña de prata duns 15x15 cms., que amosa no seu interior dous fanais de cristal de roca, nos que se hallan os restos das O Santuario do Cebreiro (2). Etnorituais e ofrendas.Sagradas Reliquias. “O Cebreiro na vida de Fernando e Isabel é un hito importante, unha gran experiencia vivida con sorpresa e admiración. Adoran o Santo Milagre e escoitan dos beizos dos monxes e labregos as tradicións relixiosas do lugar…Isabel e Fernando non se contentan con veneralo. Procuran que tan preciosas reliquias non estean á intemperie e ordenan que se coloquen nunha redoma de cristal na que son exhibidas en diante a ós peregrinos”.

Durante a guerra da Independencia, as reliquias e o Cáliz do Cebreiro, gardaronse na localidade de Foxos, que permanceu inmune ante a invasión.

Nesta capela, tamen se encontra a imaxe de Santa María a Real, que amosa trazos románicos do século XII, aínda que a beleza ideal do seu rostro indícanos que esta parte non é anterior ó seculo XIII. “…esta efigie estaba comprendida en el primer tipo de la iconografía mariana, o sea el hierático; sentada sobre un taburete o silla de pequeñas proporciones, pies calzados y cubierta con manto que cae por igual a ámbos lados, plegando los paños al final de modo ampuloso y simétrico de poco resalte…y ostentando pintado en el pecho el Santo Grial o Cáliz en que se realizó el Milagro. Cúbrese la imagen con amplio manto de seda azul celeste y está en actitud propia con el Niño sostenido en el brazo izquierdo”. O nome da imaxe está vinculado á protección real, que tivo este santuario dende sempre. Esta advocación tivo, segundo Elías Valiña, restauracións defectuosas ó longo da historia. A última foi realizada, no ano 1971, por Alfonso Sanmartín, escultor compostelano. Polo tanto, é habitual escoitar entre os lugareños do Cebreiro que a imaxe inicial da Virxe foi cambiada no transcurso das diferentes restauracións.

Asi mesmo, no antigo altar maior, hai unha talla recente dun Cristo, xa que a orixinal pensábase que estaba no museo de Escultura de Valladolid aínda que había autores que dicían que radicaba no Museo de Arte Sacra de Madrid “ En el altar mayor se muestra una réplica del Cristo crucificado, cuyo original se encuentra depositado en el Museo de Escultura de Arte Sacra de Madrid”. Non embargantes, no mes de Xaneiro do 2015 o conservador do Museo de Escultura de Valladolid confirmou que o devandito Cristo non figura nos seus fondos.

A igrexa serviu de morada aos peregrinos, o que deu lugar a que o templo sufrise incendios nos anos 1450 e 1641. Na actualidade, as paredes vermellas do seu interior reflicten estes feitos.

Por outra banda, o templo mariano, ademais da restauración levada a cabo no ano 1963, tivo unha última entre os anos 2001 e 2003, que foi promovida pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e que supuso unha inversión total de 187000 euros. Os traballos de restauración tiveron como obxectivos, renovar a cuberta da igrexa, reparar toda a estructura horizontal da torre, e reponer a tarima e balaustrada do interior da igrexa.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES