Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ese fume tan rendible

lunes, 28 de agosto de 2006
Remata agosto e son outros fumes os que preocupan. Ese fume molesto por insalubre, producto da combustión do que se nos presenta como tabaco, resultado dun proceso industrial a partir da materia orixinal que ten incorporados multitude de ingredientes entre os que os alcatráns e adictivos non son os menores.

O que naceu como entretemento e curiosidade é hoxe un producto industrial que en cada país move millóns e millóns de euros, dos que unha boa parte recaen nunha farisaica administración que se lucra económica e cuantiosamente dun vicio que mata.

E esa administración farisaica segue a cobrar os seus ominosos aranceis mentras advirte nas caixiñas que fumar mata, condena ós fumadores ó maior dos ostracismos e obriga a arredalos en lugares acotados dentro de determinados espazos públicos.

A comezos de setembro vence o prazo para que os establecementos de hostelería de máis de cen metros cadrados establezan zonas de “non fumadores”, axeitadamente separadas, permanentes, pechadas ata o teito. E arredor de cinco mil establecementos galegos, incursos nesta obriga, non poderán cumprila, ou alomenos non estarán en situación de facelo.

Alegan os hosteleiros razós físicas, económicas, de oportunidade… mesmo de falta coordinación entre a normativa estatal e a da Comunidade galega. O certo é que a un paso de setembro o sector está agardando por non se sabe que miragre que o salve do apreto no que a lexislación antitabaco o ten colocado.

Porque ninguén ousa declarar abertamente o seu establecemento como de “non fumadores” para non situarse nunha situación óptima de cumprimento da Lei pero pésima a efectos de tratar coa clientela fumadora por agora moi numerosa.

Hai que entender a actual situación, e aínda a que siga ó 1 de setembro, como provisional porque o lóxico é que no futuro -anos, non décadas- a prohibición de fumar en lugar público vai ser total, como outros paises van marcando coas súas normativas.

Pero antes a nosa Administración debe abdicar do seu fariseismo e, se quere loitar contra o tabaco, loitar en serio, utilizando na loita o producto fiscal obtido deste vicio.

Cando eso pase, tomaremos en serio a política antitabaco. Mentras tanto hai que cumprir as normas porque son legais, pero non son serias nin sinceras.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES