Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que non se nos suban ás barbas

lunes, 23 de noviembre de 2015
As dúas novas máis importantes da semana pasada creo que son fáciles de resumir, aínda que difíciles de analizar. O asunto de Francia. Unha desgraza. Pero hai desgrazas practicamente todos os días en case todos os lugares do mundo, e para estes non espertamos á nosa conciencia. Témola tan domada, tan sometida que aínda que leamos que houbo centos de vítimas no Oriente Próximo ou miles de esfameados e mortos de fame no corno de África, non se nos ocorre acender unha vela nin gardar minutos de silencio. Para que?; se non son da nosa contorna. Pasa o mesmo que coa corrupción política, que está tan arraigada que xa a asumimos como tal. Tan só espertamos se nos toca moi pero que moi de cerca.

Os franceses, ianquis e demais europeos occidentais (nin tan sequera meto xa ós europeos orientais, que son distintos, son “outros”) son xente civilizada. Todo o resto, incluída América Latina, son borralla á que deixamos podrecer sen ningún cargo de conciencia. É mais, para que esta non esperte, facemos uso da lei do talión e, ale, bombas a esgalla. Non vaia ser que se nos suban ás barbas.

O Festival de Cine de Ourense. Alá foi a 20 edición. Xa son anos, non si? Pois aínda se seguirá criticando en 20 máis. Porque o presuposto é ridículo. Porque o presuposto sae dos nosos petos. Porque non traemos famosos (non digo xa estrelas). Por que demo traemos ós famosos! O de menos é analizar, descubrir, presumir de cultura. Para que queremos cultura se despois toda esta vertémola nas bombas e acentuamos a diferenza de clases entre países ou seres humanos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES