Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nenos e filósofos

miércoles, 25 de noviembre de 2015
Os nenos teñen un día ó ano no que nos lembramos deles dun xeito especial. Trátase do Día Universal do Neno, o día 20 deste mes de santos no que estamos. Resulta que ademais é unha celebración que adoita estar sempre moi próxima (se non chega mesmo a coincidir algunha vez con el) ó Día Mundial da Filosofía, pois este celébrase desde hai dez anos no terceiro xoves deste mesmo mes de santos, que neste ano cadrou na véspera do Día do Neno.

De modo que, xuntando se se quere algo artificialmentesisudos filósofos e rebuldeiros nenos, voullesprestar a estes a miña voz nestes fuxidíos momentos, baseándome en que pertenzo ó estraño club dos chamados filósofos ou amigos da sabedoría que estamos tamén de celebración. E préstollela gustoso a eles,poislevo anos falando xa e en troques unha boa parte deles son aínda in-fantes, é dicir, non-falan. Algúns deles –querería que fosen máis- naceron nesta paradisíaca terra que leva o nome de Galicia. Desexando representalos especialmente a eles, velaquí van pois as miñas palabras coma se fosen deles: ‘Sonvos neno, aínda que en realidade son nena. A todos en conxunto chámannos nenos, aínda que en realidade eu son unha nena. Case non sei falar, mais o que si sei facer ben é sentir e querer.

Vexo e oio rebulir o amor ó meu lado. Non escollín os que día e noite están a carón de min, mais sei ben que non hai quen me queira máis no mundo ca eles. Un ten voz máis fonda e sonora. É papá. A que chamo mamá está toda ela feita de bicos, agarimos e sorrisos. Aínda non me sae ben dicir grazas, porque coido que o mundo enteiro non ten máis que facer ca ollar por min e para min. Dinme cousas que eu aínda non entendo ben. Algunhas xa si. Por exemplo que son galeguiña, aínda que non sei por que de cando en vez cambian e dinme que son galleguita. Decateime hai pouco que iso ocorre cando veñen verme uns parentes máis ricos que viven na cidade; pois eu vivo nunha vila pequena, case unha das moitas aldeíñas que hai, con árbores moi grandes, herbiñas e auga.

A verdade é que eu querería que me falasen sempre nesta nosa lingua, a que lles oio a meus pais cando están a soas comigo. Mais non sei por que cambian a outra, pois eu ben os entendo xa na nosa. Será que alguén castigou a nosa lingua porque fixo algo malo? Sabereino cando medre, pois agora ninguén me dá razóns que mo aclaren. Sonvos moi cativiña e o mundo seguro que garda para min moitos segredos aínda.

Grazas por lembrárdesvos de min. E ata o ano que vén.
Cabada Castro, Manuel
Cabada Castro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES