Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Recuperación

martes, 22 de agosto de 2006
O espectador das cousas que pasan diante de todos nós non sabe ben a que carta quedarse en relación coa natureza avasallada.

Cando foi o problema do Prestige, soubemos que as nosas costas sufriran un dano tan terrible que pasarían xeneracións para que Galicia puidese recuperar a fermosura -e a utilidade- das costas agraviadas polo vertido do fuel.

Pasaron pouco máis de mil días, e a sabia e poderosa natureza –axudada polo esforzo humano, é verdade- foi conseguindo que o tema pasara á lembranza para logo ó esquecemento, e hogano o tema do Prestige é un mal recordo que estamos deixando cada vez máis atrás.

E agora os incendios… ¿Cantos anos fan falla para recuperar o monte?.

Segundo ten informado a Axencia Efe, citando expertos, se ben os primeiros síntomas de recuperación apreciaranse entre tres e cinco anos, tardarase medio século en recuperar a normalidade.
Non obstante o Catedrático de Edafoloxía da Universidade Compostelana, profesor Díaz-Fierros, considera que se hai erosión a recuperación levaría centos de anos, pero no caso de que só haxa queima volverase á normalidade en catro ou cinco anos, tempo que o Colexio de Biólogos estima entre seis e oito.
E sen embargo hai lugares de Galicia onde xa están sementando para que as primeiras choivas xeneren tamén as primeiras herbas no prazo dunhas semanas, como primeira etapa de recuperación, a estilo da roza tradicional.

Se tanto tempo levase a recuperación, Galicia na actualidade sería un ermo despois dos miles de hectáreas queimadas desde que todos temos uso de razón.

Botamos en falla voces autorizadas que nos digan as verdades claras e a situación exacta na que nos atopamos. Que nos digan exactamente cales son as causas, que por intuídas precisamos que se esclarezan. Precisamos saber cales son os remedios, a política a seguir, as conductas a establecer, as colaboracións a solicitar. E precisamos sobre todo saber que vai ocorrer con eses milleiros de hectáreas queimadas, para as que xa se fala de axudas; que vai ocorrer co monte, e cando vai ocorrer.

Que posiblemente o monte recupere a súa vida antes que nós recuperemos a confianza no sistema. E o sistema debera fomentar esa confianza canto antes.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES