Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cravos que sacan cravos

domingo, 20 de noviembre de 2011
Afirma a sabedoria popular do noso pobo que “un cravo saca outro cravo”, estimando que calquera preocupación que teñamos pode quedar diminuida cando nos afecta outra máis grande, máis recente, imprevista, dolorosa. E esto que se aplica ás persoas pode ter aplicación aos pobos, que non veñen ser máis que as agrupacións máis ou menos grandes de persoas, con similitude de problemas, con afincamento nunha terra, con sentimento de pertenencia a unha unidade como país.

Días pasados, a deriva soberanista catalana ocupaba unha boa parte dos nosos pensamentos e preocupaciós. Preocupación compartida, a nivel xeral, coa cercanía dunhas eleccións xerais sobre as que non pode haber máis ca especulacións, pero en xeral estímase que poden traer consigo un cambio importante na gobernación e na marcha deste país. E xa a escala lucense, tamén preocupaba o goberno da Deputación Provincial, logo dunha moción de censura e cos problemas de composición do órgano rector e visible marcha nos próximos tres anos e medio.

Pois todas esas preocupacións ou deixaron de selo, ou amortiguáronse, a noite do pasado venres –agora dámonos conta que era venres, 13- cos brutais atentados da capital francesa, nos que morreron cento e moitas persoas. Sacudidas coma esta empezaron en setembro de 2001, aínda moi noviño este século, cando o derrubamento das torres xemelgas e miles de mortos, seguidas polas bombas en Madrid, e logo Londres, e agora París,.. e polo medio unha cadea de mortes que evidencian que se temos remedio como comunidade humana, aínda non atopamos os vieiros polos que camiñar.

Esa gran preocupación –algúns, chámanlle medo- atenázanos, e fai desaparecer momentáneamente –cravo que saca cravo- todas as preocupaciós anteriores, que a anguria que preme o corazón non permite que os ollos vexan máis aló do horror que semella ser interminable.

E senn embargo, hai que vivir. E temos que seguir camiñando. E non poden pararnos coa barbarie. Porque –como canta Victor Manuel- “si un traidor puede más que unos cuantos, que esos cuantos no lo olviden fácilmente”. Sen esquecer, pero sabendo que temos razón, temos que volver a preocuparnos polo habitual, porque só atendendo aos problemas de cada día, poderemos ir amañando –cada un na súa área de influencia- o problema, os problemas deste mundo, que a día de hoxe nos parecen irresolubles.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES