Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Preguntas variadas

jueves, 19 de noviembre de 2015
O ser humano empeza a facerse preguntas no momenmto en que é capaz de empezar a articular as primeiras palabras con significado propio.

Cada vez –dado que as criaturas están moi estimuladas- empeza máis cedo.
Ó principio fan moita graza porque son preguntas inocentes e inxenuas.
Conforme imos avanzando en idade cronolóxica, as preguntas fanse máis obxectivas, van dirixidas a un obxectivo concreto.

Na etapa académica, as preguntas van dirixidas ó saber en liñas xerais. Son preguntas con interese cultural e formativo.
Andando o tempo, xa na idade adulta, as preguntas collen novos matices; hainas de tódolas cores:

-PREGUNTAS PURAS E DIRECTAS:
¿Queres vir comigo á festa?

-PREGUNTAS CON SEGUNDAS INTENCIÓNS.
(CAPCIOSAS):
E logo…(con retranca)
¿Non che valía máis comprar un coche máis pequeno?
¿Para que queres un tan grande para ti soa?
(Nin que lles pediras algo)

-PREGUNTAS OPORTUNAS:
Hai una actividade cultural en tal sitio.
Levo prazas baleiras no coche,
¿Queres vir?

-PREGUNTAS INOPORTUNAS.
¿Qué comedes na vosa casa?
¿Cantos cartos tes na libreta de aforros?

A min e a outras persoas en idade máis ou menos avanzada, preguntáronnos:
¿CÓMO LLE GUSTARÍA ENVELLECER?
Estou convencida que esta pregunta se nos fai para ver como podemos encauzar da mellor da forma posible esta etapa da vida.
Fíxonola o Coordinador da UNED Sénior na Galicia Rural, da que son alumna desde a súa fundación.
Seguramente será coa sa intención de estudiar diferentes actividades que nos faciliten a mellor manera de vivir con gozo esta etapa da vida.

Pois ben, no meu caso:
Para empezar direi que” a ancianidade é una etapa máis da vida”.
Cada persoa enfócaa á súa maneira:
EU TEÑO VARIAS COUSAS MOI CLARAS:
1.- Que, -quen non morre de novo-, chega a ancián.
2.- Que a ancianidade hai que preparala nas etapas anteriores.
3.-. Que a ancianidade é una etapa tanto ou máis interesante que as anteriores.
4.- Que cada persoa persoa vive a súa propia ancianidade
5.- Que hai que deixar un espazo para o misterio, porque a vida dá moitas voltas e nunca se sabe o que pode pasar.
6.- Que de aí para diante…outra etapa nos espera.

E COMO ESTA PREGUNTA MA FIXERON A MIN EN PARTICULAR, DIREI:
-Que dou grazas a Deus ante todo, á vida mesma e ás persoas que me axudaron a vivir ata o día de hoxe.
Estou entrando –ou xa entrei case sen decatarme- nesta etapa chamada ancianidade, aínda que pola miña mente circulen ideas xoves.
-Que penso que a preparei e que a sigo preparando o mellor que eu entendo dentro das miñas capacidades: mentais, económicas, e espirituais.
Consedero e considerarei esta etapa moi productiva, de feito sigo levando una vida moi activa tanto a nivel individual como social.
-Que teño moi claro que a miña ancianidade é miña, porque cada persoa ten a súa única e intransferible.

Cando chegue o momento de verme en apuros, pido a Deus fortaleza e confianza para chegar con dignidade ata o final deste camiño terrenal.

Que deixo un espazo para o misterio porque non sei o que vai a pasar nin como vai a pasar de aquí en diante.

Quero confiar que todo sairá ben, porque a Providencia sempre me levou da súa man.
Sempre puxo no meu camiño, persoas que me axudaron a chegar feliz ata o día de hoxe.
E –cando me che a hora final- quero poñerme nas mans do meu Creador, igual que levo feito toda a vida, e despois xa El sabe cal é morada que me ten reservada.
Confío que será na súa presenza e na compañía das persoas que máis amei e que máis me amaron nesta vida.

E PARA RESUMIR, DIREI QUE VIVO ESTA ETAPA EN PAZ CON DEUS, COS DEMAIS E COMIGO MESMA E –PRECISAMENTE POR ESO- VÍVOA CON TODA A ESPERANZA DE QUE SON CAPAZ.
Esto é o que penso como muller crente que son.

Para min a “fe cristiᔠé a riqueza máis grande que teño. Seguramente que é a única riqueza, porque o resto vouno deixar todo aquí o día menos pensado.

Dou moitas grazas á miña familia por educarme nos valores cristiáns.
Tamén as dou ás persoas que ó longo da vida me axudan,
–por activa ou por pasiva.- a levalos a cabo.

E no meu epitafio gustríame que puxeran:
O meu nome e os meus apelidos.
A data de nacemento e a de pasamento.
“GRAZAS A DEUS POR TODO”

E se alguén me quere lembrar que poña:
“Recordo de…”

Eso mesmo puxen no panteón familiar, onde respousan os restos dos meus antepasados.
Comigo, xa farán o que consideren oportuno.
Doulles as grazas anticipadas porque sei que farán o mellor que poidan e saiban.
Mentres ese día non chega.

Seguirei pensando en positivo.
“PENSANDO EN POSITIVO” será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión na que toquei un tema que move de xeito especial as miñas fibras máis internas.
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES