Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nun semáforo

miércoles, 18 de noviembre de 2015
É certo que, cando me toca estar na primeira posición da grella urbana, de cando en vez levo algún que outro bocinazo por non estar atento ó apagado da luz vermella e non saír en competición cando o semáforo nos manda arrancar a marcha. É certo. Pero asúmoo con resignación porque se o mundo se divide entre os que se poñen a mirar para o teléfono ou os que miran cara o seu redor en canto o coche está en "standby", eu son dos que contemplo a panorámica e me fago preguntas como cara onde irá o que leva tanta presa, qué preocupacións ocuparán os miolos do despistado, qué e a quén lle irá escribindo no "whatsapp" o que vai tropezando cos acompañantes e cousas intranscendentemente semellantes para pasar o tempo.

Hoxe pola tarde -onte para vostede- foi un deses días nos que me dediquei á contemplación panorámica do que acontecía fronte a min e vóullela contar porque foi tan rápida como curiosa, pero que desvela, dalgún xeito, as novas formas de relación social e de perda completa da intimidade ás que -queirámolo
ou non- nos imos ter que ir acostumando porque me dá que non teñen volta atrás

Cando vin a luz marela a unha distancia aproximada duns vinte ou trinta metros, reducín sensiblemente a
marcha para parar denantes de cruzar a liña, botándolle, por precaución, unha visual ó conxunto co fin de evitar algún percance. Entón, vin tamén, na beirarrúa da miña esquerda, a algo máis de distancia, a un home de mediana idade sacando unha foto co seu teléfono móbil no sentido contrario ó da miña marcha e ó que, loxicamente, non lle din a máis mínima importancia.

De seguido abriu o paso de peóns e o "telefotógrafo" cruzou o paso de cebra cara a outra beirarrúa e púxose a facer exactamente o mesmo, mentres un mozo camiñaba cara el a non máis de dous ou tres metros, polo que na segunda instantánea que realizou,máis cá panorámica de conxunto que o "tipo" debería ter querido sacar, debeu sacar un primeiro plano do mozo en cuestión.

Primeiro o mozo seguiu o seu paso, pero tan pronto superou ó fotógrafo debeu pensalo mellor e desandou o camiño para recriminarlle cunha certa ostentación por qué lle tiña sacado a foto. E, polos acenos, intuín que lle ordenou que a borrase.

Foron uns cantos segundos, pero a min leváronme a pensar en ata qué punto estes trebellos telefónico-fo- tográficos nos teñen roubado a intimidade -aínda que andemos pola rúa- individual á que colectivamente temos dereito.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES