Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Makesu ou chorimas

miércoles, 18 de noviembre de 2015
Hai uns días coñecín un poema de Viriato da Cruz titulado Makesu. Seica é unha mistura de xenxibre e cola que tomaban os indíxenas de Angola. As raíces do Makesu son fondas e, polo que din, difíciles de arrincar. O caso é que o poema fala da necesidade e das situacións límite que moitas veces pasa a poboación. A través do diálogo entre un home e unha anciá chegan á conclusión de que teñen raíces de Makesu.

Quizais, vivir requira ter raíces de Makesu incluso alén do tempo en que se vive pois nunca se sabe onde se poden torcer as agullas do tren. Vivimos tempos de resistencia, tempos de Makesu ou, mellor, tempos de coller forte o temón da vida e enfilalo rumbo ao porvir.

O caso é que temos que traballar co dicionario do futuro e non co da resignación e temos que impoñernos a idea de que sempre somos quen de forxar saídas colectivas. Nós podemos facer o noso porvir e buscar xeitos de impulsar vida na propia terra. Dicir isto non é doado cando se pretende que o dito non quede nun mero marco teórico; hai, polo tanto, unha fonda responsabilidade persoal nestas verbas. Non en tanto, botándolle un ollo á realidade xorden ideas que teñen que abrirse camiño máis alá de traizóns e ataduras. Nas mentes persoais que proxectan en colectivo ideas innovadoras está o futuro. Mágoa o pouco apoio socioeconómico e político aos emprendedores. A pesar dos pesares, como dixo Mero naquel precioso poema “Coa fatiga das batallas venceremos”.

De novo, hai que recordar que cando ese día chegue non vai ser grazas a ningún mesías senón grazas a un pobo loitador que, ao igual que a Angola de Viriato da Cruz ten raizames de Makesu ou, ao mellorno noso caso, de invencibles chorimas amarelas que dan cor aos nosos montes na total liberdade da existencia. Así son as persoas que gañan o futuro.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES