Galego sin fronteiras
Andrade, Fernando - martes, 17 de noviembre de 2015
Agora, que os yijadistas semellan tan empecinados en crear Europa e os separatistas en desfacela de calquera xeito, cecáis veñan a conto estas mínimas reflexións:
Cando saín de Galicia ós nove anos -fai tres cartos de século-inda non sabía que eu era Galego; entereime logo, en León, polos rapaces.
Pasado un certo tempo, e non volvendo xa nunca máis a residir na terra, a nosa lingoa e a soedade reveláronme que eu levaba Galicia comigo, posta; que nin era simplemente un galego nin tampouco un desterrado; que era Galicia mesma (¿?)
Inda máis tarde, Darwin, Bach, Galileo, Chejov, Rilke, Newton, Rosalía, Einstein, Chejov, etc. etc., fixeronme a proposta máis viable de ser un Galego sin Fronteiras.
E niso estamos.
Andrade, Fernando
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora